Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde visita actividades de tai chi ó aire libre


# Mércores, 14/07/2010
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, visitan ós participantes as actividades de tai chi ó aire libre que organiza este verán o Concello.

Imaxe Asociada

O Alcalde e a Concelleira estiveron onte co profesor e os alumnos que practican tai chi no parque do Sagrado Corazón e hoxe visitarán ó grupo que fai esta actividade no parque da Milagrosa.

No parque do Sagrado Corazón desenvólvese esta actividade os martes e os xoves de 20.00 a 21.00 horas, cunha afluencia media de 15 a 20 usuarios. No da Milagrosa son entre 20 e 25 as persoas que practican tai chi ó aire libre os luns e mércores de 19.30 a 20.30 horas. E na praza de Augas Férreas esta actividade ten lugar os martes e xoves das 10.00 ás 11.00 horas.

Nos dous primeiros casos a actividade está programada para os meses de xullo e agosto mentres que en Augas Férreas terá lugar durante este mes de xullo.
En todos os casos trátase dunha actividade gratuíta, aberta a toda a poboación, sen necesidade de inscrición previa.

Programación verán 2010 Centros Sociais e de Convivencia (PDF 3,06 MB)

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova