Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello investiu 323.000 euros na adecuación da zona verde da Costa da Viña


# Xoves, 15/07/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Zona Rural e Medio Ambiente, Lino González Dopeso, visitaron este xoves as obras que efectuou o Concello para o acondicionamento da zona verde da Costa da Viña.

O Alcalde manifestou que “esta era unha vella aspiración do equipo de Goberno que puido materializarse grazas ó Plan E”. Tamén sinalou que esta zona verde supón “darlle a Lugo máis oportunidades para aproveitar as súas zonas verdes e aproveitar estes espazos para o lecer “.

López Orozco destacou que a obra máis importante foi a construción da pasarela que conecta esta zona verde coas ladeiras do Marcos Cela e salientou que para lembrar o pasado plantáronse unhas vides como as que lle deron nome á zona dende a Idade Media.

O Concello investiu nesta actuación 323.000 euros. A obra civil supuxo un investimento de 294.000 euros ós que hai que engadir os 25.000 adicados á restauración e revexetación ambiental e outros 4.000 euros a servizos.

O proxecto levouse a cabo nunha superficie total de 8.000 metros cadrados e consistiu na construción dunha pasarela, a creación de sendas, paseos peoniles e lugares de estancia e a plantación de castiñeiros e viñas.

A pasarela que se construíu ten 20 metros de lonxitude, 2,5 de ancho e 17 metros de altura. Nela investíronse uns 116.000 euros.

A actuación completouse coa construción de 1.200 metros de sendas, paseos peoniles e lugares de estancia e coa plantación de 15 castiñeiros e 40 viñas. Estas especies teñen un valor simbólico xa que se trata de lembrar o souto que existiu no lugar e tamén as viñas que houbo na zona durante a Idade Media.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova