Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

30 emprendedores participan no proxecto Eurotroco que xestiona o Concello de Lugo


# Venres, 16/07/2010
A metade dos emprendedores que participan no programa Eurotroco que xestiona o Concello de Lugo xa teñen presentada a solicitude para viaxar a Suecia e Italia.

O Eurotroco é un programa da Unión Europea que lles dá a posibilidade ós emprendedores de intercambiar experiencias e coñecer como se traballa nos sectores do seu interese noutros países.

O programa que xestiona o Concello de Lugo cofinanciado pola Unión Europea conta coa participación de 30 emprendedores e ten como socios a dous países, Suecia e Italia, ós que viaxaron delegacións do Concello o pasado mes de abril para preparar as estadías dos nosos emprendedores.

Ata o momento 15 dos emprendedores xa solicitaron o intercambio, 13 delas foron aceptadas e 2 deben achegar máis documentación. Os intercambios, que deben ser aprobados pola Unión Europea, comezarán a partir do mes de setembro e produciranse ata abril do ano que vén. O programa financiará como máximo un mes de estancia por emprendedor aínda que este pode decidir prolongala ata seis meses.

O Concello de Lugo xestiona este programa co propósito de ofrecerlle ós emprendedores da cidade todos os recursos e a información necesaria para desenvolver con éxito os seus proxectos.

O proxecto Eurotroco está en execución desde febreiro deste ano ata setembro de 2011. O presuposto total para as estadías é de 52.078 euros, dos que a Unión Europea aporta 40.084 euros, o Concello 10.735 e os socios de Italia e Suecia 1.258 euros.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova