Cargando....
Concello de Lugo
15/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello subvenciona con 15.000 euros a promoción do comercio no centro


# Venres, 16/07/2010


Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Asociación Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños, asinaron hoxe un convenio de colaboración para realizar actividades de animación e promoción do centro comercial aberto de Lugo.

O Alcalde explicou que a firma deste convenio débese a que o Goberno local “ademais de atender a limpeza e urbanización do centro, tomou como deber colaborar cos comerciantes porque somos conscientes de que un centro vivo, que atenda ben á xente, favorece ó conxunto da cidade”.

López Orozco animou ós lucenses a comprar nos comercios da cidade e lembrou que o Concello tamén traballa na revitalización do casco histórico co Plan URBAN. Este Programa, que conta con financiamento da Unión Europea, leva concedidas axudas por importe de máis de 124.000 euros. O ano pasado o importe foi de 74.097 euros para 59 axudas e no primeiro semestre deste ano foron concedidas 17 axudas máis cun orzamento de 50.149 euros. Estas subvencións son para renovación de terrazas, rótulos, toldos e fachadas do casco histórico.

O Presidente de Lugo Centrum salientou que o convenio asinado hoxe supón a renovación non proxecto de colaboración que se mantén dende 2004 e que a achega do Concello redunda “nun casco histórico modélico pola súa limpeza e tamén pola súa seguridade”. Tamén explicou Sánchez Bergantiños que con esta achega e coas aportacións dos socios da entidade fanse as campañas promocionais e iniciativas como os vales de aparcamento gratuíto que contribúen a fidelizar ós clientes.

O acordo que subscribiron hoxe o Concello e Lugo Centrum ten por obxectivo establecer a colaboración da institución municipal nas actuacións de dinamización e desenvolvemento do Centro Comercial Aberto de Lugo.

O Concello vai subvencionar con 15.000 euros as actividades de animación, promoción, desenvolvemento, dinamización e consolidación que levará a cabo a asociación de comerciantes, empresarios, profesionais e autónomos que constitúen o Centro Comercial Aberto Lugo Centrum.

www.lugo.es/urban

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova