Imprimir

TRANSPORTES VALÍN E HIJOS INCORPÓRASE A LUGO10


16/7/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta mañá un convenio con Eduardo Valín Abuín, Conselleiro Delegado de Transportes Valín e Hijos que regula a colaboración desta empresa co programa Lugo10.

A empresa convertese así en patrocinador do programa de actividades que desenvolve o Concello para conmemorar o décimo aniversario da declaración pola Unesco da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial.

O Alcalde destacou que esta empresa, ademais de de crear traballo en Lugo “adica parte das súas plusvalías á promoción da cidade e a súa Muralla a través de programa Lugo10” e expresou o seu agradecemento pola colaboración de Transportes Valín e Hijos.

O Conselleiro Delegado da empresa, pola súa parte, sinalou que “é un orgullo colaborar con Lugo10”e asegurou que “sempre que a cidade nos necesite estaremos aí”.

A achega de Transportes Valín e Hijos á programación de Lugo10 será de 3.000 euros, segundo establece o convenio que asinaron hoxe o Alcalde de o Conselleiro Delegado da empresa.

www.lugo10.es