Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adica case 200.000 euros a estender a banda ancha ó rural


# Venres, 16/07/2010
O orzamento previsto é de 198.592 euros que se financiarán con fondos do Plan E.

A Mesa de Contratación do Concello propón adxudicar a Telefónica o contrato da extensión de banda ancha mediante tecnoloxías wimax-wifi en zonas rurais do municipio de Lugo. O orzamento previsto é de 198.592 euros que se financiarán con fondos do Plan E.

O proxecto consiste na subministración e instalación do equipamento necesario para o correcto funcionamento en distintas zonas rurais dunha rede inalámbrica co fin de dinamizar e xeneralizar o uso de internet nas zonas rurais do Concello.

A proposta de Telefónica é de 12 emprazamentos: Adai, Barbain, Bocamaos, Burgo, Camoira, Meilán, Pedreda, Poutomillos, Rubiás, Saa, San Xoan do Alto e Vilachá de Mera.

Telefónica obtivo a mellor puntuación en canto á solución técnica adoptada.
Tamén se valorou no concurso a cobertura do maior número posible de zonas, tendo en conta o uso actual e previsto dos centros sociais nas que se ubica a instalación.

A Mesa de Contratación do Concello tomou este acordo en ausencia de representantes do Partido Popular.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova