Imprimir

UNHA EMPRESA DO CEI ORGANIZA UNHA EXPOSICIÓN ADICADA Á MURALLA


19/7/2010

O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, asistirán á inauguración dunha exposición de fotos da Muralla, obra do fotógrafo Peter Schneider que é un dos emprendedores instalados no Centro de Empresas e Innovación de Lugo.

A exposición “The Wall-A Muralla. Fotografías de Peter Schneider” estará instalada ata o día 30 de setembro no Museo Provincial.

O acto de inauguración terá lugar as oito desta tarde.