Imprimir

O CONCELLO RECIBE ÓS NENOS SAHARAUIS QUE PASAN O VERÁN EN LUGO


19/7/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, recibiron hoxe ós nenos saharauis que pasan o verán na nosa cidade acollidos por familias lucenses.

Cinco dos oito nenos que participan este ano no programa “Vacacións en paz” da Asociación de Axuda ó Sahara, visitaron esta mañá o Concello acompañados polas súas familias de acollida.

Os cativos, procedentes de distintos lugares do Sahara, comentaron co Alcalde como é a súa vida aló e contáronlle que están desfrutando destas vacacións en Lugo unha cidade que algúns xa coñecían doutros veráns.

Despois de charlar cos pequenos o Alcalde agradeceulles ás familias a súa solidariedade e o esforzo que fan ó acoller durante dous meses e medio a estes pequenos.

Visita a Calde

Logo da recepción ós nenos saharauis, o Alcalde e mais a Concelleira de Benestar e Igualdade, Carmen Basadre, desprazáronse ata Calde onde visitaron o Centro de dinamización social. Alí departiron cos maiores e tamén con nenos que participan nas actividades de verán que organiza o Concello.