Imprimir

A CONCELLEIRA DE BENESTAR ACOMPAÑA A MEDIO CENTO DE VECIÑOS DE LUGO NUNHA EXCURSIÓN DO KM0


20/7/2010

A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, acompañou hoxe a medio cento de veciños de Lugo que participaron nunha nova excursión do Km0.

Son en total 48 maiores que participan nas actividades do Centro de convivencia Maruja Mallo e da Asociación de Veciños de Coeses.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiunos a primeira hora da mañá no Pazo Provincial e logo desprazáronse ata O Vicedo, onde visitaron a ría do Barqueiro, o faro de Estaca de Bares e fixeron a ruta de senderismo desde Morgallón polas beiras do río Sor.