Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentado no Concello o VI curso de formación Teateatre


# Martes, 20/07/2010


Imaxe Asociada

O VI curso de formación VI Teateatre foi presentado esta mañá no Concello nun acto no que interviron a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña; o Vicerreitor de Coordinación e Planificación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón; o Deputado provincial Antonio Veiga; a Directora da Escola Arte e Lecer Fingoi do Colexio Fingoi, Asunción Fernández Puentes, e Alba Fernández, de Palimoco Teatro.

O curso celebrarase do 1 ó 5 de setembro baixo o lema “Voz, palabra e verso”. Vicente Fuentes e Elisa Marinas serán os encargado de impartir este curso que se dirixe sobre a profesionais do teatro, tanto actores como directores.

Nesta edición, os alumnos farán traballo de voz e verso nas sesións de mañá e con escenas de obras de Lope de Vega nas de tarde.

O prazo de inscricións está aberto desde hoxe ata o día 30 de agosto e haberá 16 prazas para profesionais e 5 de ouvintes para aficionados.

O custe da matrícula é de 95 euros e de 65 no caso dos ouvintes. Tamén se establecen taxas reducidas de 85 euros para profesionais e de 50 para ouvintes. A elas pódense acoller os membros de compañía que participaron na Oitava Mostra Teatro cidade de Lugo, no proxecto Buxiganga e alumnos tanto da Escola Arte e Lecer Fingoi como da USC.

A reserva de praza debe facerse chamando ó teléfono 982 820 000 ext. 21513, de 9.30 a 13.30 horas.

A programación está dispoñible na web do Concello www.lugo.es ou nas páxinas da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, da Escola Arte Lecer Fingoi e na de Palimoco.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova