Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo é o máis transparente de Galicia segundo un estudo da organización Transparencia Internacional


# Mércores, 21/07/2010
Lugo recibe a máxima puntuación posible nas contratacións de servizos e na transparencia económico-financeira

O Concello de Lugo é o máis transparente de Galicia e ocupa o posto número 24 de España, segundo un estudo que fixo a organización Transparencia Internacional nos 110 concellos españois máis poboados.

Lugo obtivo unha puntuación de 87,5 sobre un total de 100 e recibiu a máxima puntuación posible en dúas das cinco áreas estudadas: as contratacións de servizos e a transparencia económico-financieira. A puntuación media global das cidades nas que se fixo o estudo foi de 70,2.

Tocante as contratacións de servizos Lugo sitúase 33,5 puntos por riba da media española que foi de 66,5. E en transparencia económico-financieira o Concello da nosa cidade supera en 39,8 puntos a media que se sitúa en 60,2.

Tamén no resto das áreas analizadas por Transparencia Internacional o Concello de Lugo saca mellor nota ca media. En información sobre a corporación a puntuación é de 84,2 e a media española de 64,4. Nas relacións cos cidadáns e a sociedade, Lugo recibe 83,3 e a media é de 73,7. E a valoración da transparencia en materias de urbanismo e obras públicas é de 76,5 fronte ó 68,6 de media dos concellos estudados.

Satisfacción do Goberno local

O Goberno local amosou hoxe o seu orgullo e satisfacción polos datos que deu a coñecer a organización Transparencia Internacional. O voceiro do Goberno local, José Rábade, declarou que “é un motivo satisfacción para este equipo de Goberno e unha garantía para todos os cidadáns que unha organización valore como se fai a xestión deste Concello”. “Ó mellor alguén ten que darse por aludido”, dixo Rábade quen destacou que somos o Concello máis transparente de Galicia.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova