Imprimir

O CONCELLO RECIBE Á ATLETA ALICIA MERINO, CAMPIOA DE ESPAÑA XUVENIL EN PISTA CUBERTA


22/7/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu hoxe a recepción que lle ofreceu o Concello á deportista Alicia Merino, a campioa de España xuvenil de atletismo en pista cuberta.

O alcalde felicitou á deportista e salientou que o seu éxito é froito da preparación e o esforzo. Tamén salientou que “é un exemplo para os mozos de Lugo e para as mulleres que sodes capaces de facer ben calquera traballo”. López Orozco animou á campioa a “continuar esforzándose para chegar aínda máis alto e máis lonxe”, en referencia ó lema olímpico.

Alicia Merino, que ven de bater un record galego que se mantivo durante 30 anos, respondeu ás palabras do Alcalde dicindo “estou moi contenta porque esta medalla é o premio ó esforzo que fixen”.

A atleta ganou o campionato de España xuvenil de atletismo en pista cuberta na competición celebrada en Nerja a fin de semana do 10 e 11 de xullo.

Alicia Merino, que pertence ó Lucus Caixa Rural, ten 17 anos de idade, xa tiña ganado outras medallas na modalidade de probas combinadas, de feito fora subcampioa de España e medalla de bronce na categoría de cadete.