Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Tres empresas optan a facer unha campaña de promoción do destino Lugo, Muralla Patrimonio da Humanidade


# Xoves, 22/07/2010
O Concelleiro de Turismo presentou hoxe a iniciativa para a comercialización turística de Lugo

Imaxe Asociada
A contratación da campaña ten un presuposto de 91.000 euros e conta con financiamento da Secretaría de Estado de Turismo


Tres empresas de viaxes, Hemisferio, Halcón e Iberia, optan a desenvolver unha campaña de promoción turística de Lugo, segundo informou hoxe o Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío.

O Concello vai contratar esta campaña de promoción e comercialización turística do destino “Lugo, Muralla Patrimonio da Humanidade” cun presuposto de 91.000 euros. O proxecto conta con financiamento do Concello e a Secretaría de Estado de Turismo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

O Concelleiro explicou que o obxectivo da campaña “é potenciar Lugo como destino de escapadas”. “Trátase de contratar unha campaña que vincule a nosa cidade co turismo que habitualmente viaxa pola península”, dixo o responsable municipal de Turismo. Con esta campaña preténdese difundir os nosos produtos turísticos e o noso entorno natural nos diferentes mercados emisores “para captar viaxeiros que pasen unha ou dúas noites na cidade, e quen mellor pode facer esto é o sector profesional”.

A convocatoria dirixiuse a axencias de viaxes, tanto maioristas como minoristas, e as súas ofertas para a promoción de Lugo como destino turístico poden ir desde promocións nos seus puntos de venda, en grandes empresas ou institucións, en centros comerciais con grande afluencia de xente, a través dos medios de comunicación ou mediante a internet, entre outras.

Hoxe tivo lugar a apertura das ofertas presentadas que agora deberán estudar os técnicos para decidir a cal das empresas se lle adxudica o servizo.

A empresa adxudicataria deseñará unha campaña de promoción e comercialización turística de Lugo en todo o territorio nacional dirixida tanto para viaxeiros individuais ou en grupo.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova