Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde considera que Concello e Xunta estiveron á altura das circunstancias para que Lugo teña estación intermodal


# Venres, 23/07/2010
López Orozco agradécelle ó Conselleiro de Medio Ambiente que fora “sensible” á petición que lle fixo de que Lugo non teña que pagar a nova estación de autobuses

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, respondeu ó ofrecemento da Xunta de asumir o custo da nova estación de autobuses nunha carta dirixida ó Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, na que sinala que “hoxe as dúas institucións estiveron á altura das circunstancias.”

A Consellería ofreceu esta alternativa nunha misiva que lle chegou ó Alcalde este mediodía á que contestou xa o Alcalde.

“Sei que comprendeu, logo de ler a miña carta de onte, a miña total vontade de chegar a un acordo que beneficie á cidade, e a importancia que o proxecto da estación intermodal ten para Lugo” continúa o escrito, no que o Alcalde tamén expresa “o meu máximo agradecemento”.

Na carta dí tamén López Orozco “sei ademais, porque así se desprende da súa carta de hoxe, que foi sensible á postura que lle manifestei no último parágrafo da miña carta de onte”. No texto que lle mandou onte o Alcalde ó Conselleiro, o Concello amosábase “encantado de asinar o Protocolo para o desenvolvemento da estación intermodal da cidade, sempre e cando se incorpore claramente que o pobo de Lugo non vai a ter que poñer nin un só euro, nin ceder e recalificar ningunha das parcelas do patrimonio municipal de solo que nada teñen que ver con estas actuacións” .

O Alcalde ademais dille ó Conselleiro “estou dacordo con vostede en que este proxecto permitirá un paso máis no traballo para que Lugo conte cunha estación intermodal”.

Ademais, o rexedor municipal indica que “unha vez que se confirme o protocolo por todas as partes intervintes, desde o Concello anúnciolle que prepararemos un concurso de ideas para a reurbanización do entorno da actual estación”.

O texto da carta de José López Orozco a Agustín Hernández remata reiterándolle “o meu agradecemento e, con tempo, encantaríame que, cando menos, viñera a comer o pulpo con nós nas festas do San Froilán”.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova