Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde manifesta o apoio do Concello ós traballadores autónomos


# Venres, 23/07/2010

Foi na inauguración da sede que abriu en Lugo a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia



Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, expresou o apoio do Concello ós traballadores autónomos esta mañá, durante o acto de inauguración da nova sede da Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Galicia.

O Alcalde ofreceulles o Centro de Iniciativas Empresariais para a formación dos autónomos e destacou a importancia que teñen na economía da cidade e da provincia, xa que hai preto de 39.000 traballadores autónomos da provincia, o que supón o 30% da poboación activa.

“Non hai mal que cen anos dure”, indicou o Alcalde, que animou a todos os emprendedores e ás organizacións que representan ós autónomos a seguir traballando na defensa dos intereses deste colectivo e a difundir a información necesaria para que sigan sendo protagonistas “da actividade económica do país”.

No acto inaugural tamén interviron o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe; a Vicepresidenta segunda da Deputación provincial, Lara Méndez; a Xefa territorial de Presidencia, Marta Barreiro, e o Secretario xeral de UPTA Galicia, Lisardo Domínguez.

Todas as administracións ofreceron a súa colaboración a esta organización dos autónomos e o representante de UPTA salientou as melloras que acadou o colectivo como o Estatuto dos Autónomos ou a recente aprobación dun sistema de protección por cese de actividades semellante a prestación por desemprego.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova