Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Clausurados os IX Cursos de verán de educación vial nun acto que presidiu o Alcalde


# Luns, 26/07/2010
Este ano participaron 133 nenos e mozos que recibiron hoxe os seus diplomas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, clausurou hoxe os cursos de educación vial celebrados este verán no Parque Infantil de Tráfico, que impartiu o Concello en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

No acto de clausura dos cursos que este ano chegaron a súa novena edición, o Alcalde e a Subdelegada provincial de Tráfico, Paula Yuberos, animaron ós rapaces a ser respectuosos coas normas de tráfico.

López Orozco destacou a importancia de “respectar as limitacións de tráfico e de que saiban convivir nas cidades os peóns e os vehículos”. Tamén lles dixo ós rapaces que deben lembrar “que o máis importante son as persoas, o respecto que se debe ter polos maiores, os nenos e os que teñen dificultades de mobilidade” e sinalou que “respectar as normas do tráfico axuda a mellorar a convivencia nas cidades e a evitar accidentes”.

Paula Yuberos amosouse “gratamente sorprendida polo número de participantes nos cursos” e díxolles ós nenos que “o respecto das normas e os sinais é fundamental para que haxa menos accidentes e que sexan menos graves”.

Nos cursos, que comezaron o día 28 de xuño participaron 133 nenos e mozos de 8 a 16 anos de idade, que recibiron hoxe os diplomas acreditativos. Entregáronllos o Alcalde, a Subdelegada de Tráfico e representantes da corporación municipal.

Os nenos estiveron acompañados por pais e avós no acto que se celebrou no Parque Infantil de Tráfico “López Mella”, un organismo dependente da Concellería de Educación que dirixe José Reigosa .

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova