Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Programados dous cortes de auga por obras na rúa Serra de Meira, o mércores, e na avenida de Madrid, o xoves


# Martes, 27/07/2010
O Concello aproveita as obras de canalización do Rato e da avenida de Madrid para facer melloras na rede de abastecemento de auga potable

O Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, anunciou hoxe que esta semana haberá dous cortes de auga debido as obras na rúa Serra de Meira e na avenida de Madrid. Piñeiro pediulle desculpas ós veciños que quedarán sen servizo de auga pero explicou que “esta é a única maneira de poder facer uns traballos que resultan imprescindibles”.

O primeiro dos cortes producirase mañá, mércores, día 28, e é consecuencia das obras de canalización do río Rato que leva a cabo a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

Neste caso, Concello aproveitará o cambio na tubería da rede de abastecemento de auga potable na rúa Serra de Meira, que fará a Confederación Hidrográfica, para instalar unha chave e unha válvula que permitan, no futuro, facer por tramos os cortes por avarías ou as purgas na tubería de xeito que afecten ó menor número posible de usuarios, segundo explicou o Concelleiro de Infraestruturas.

O xoves, día 29, efectuarase un segundo corte no subministro de auga, neste caso por mor das obras do plan das antigas travesías que leva a cabo o Ministerio de Fomento. José Piñeiro indicou que esas obras “implican o cambio da tubería que dá subministro de auga á Tolda, Conturiz e Nadela durante todo o día”.


O mércores cortase a auga nas Gándaras, Campiña, Galegos e Castelo

Os traballos de mellora na canalización do río Rato na zona do parque do Sagrado Corazón inclúen o cambio dunha tubería do subministro da auga na rúa Serra de Meira e causarán que este mércores, día 28 de xullo, queden sen subministro de auga a partir das 9 horas e ata última hora da tarde os seguintes lugares:

-Calzada das Gándaras
-Camiño de Romai
-Rúa do Peto
-Rúa Tres Marías
-Rúa San Xosé
-Rúa Monte Adairo
-Rúa Monte Tegra
-Rúa Paporubio
-Rúa Aguia
-Rúa do Cuco
-Rúa Virxe dos Ollos Grandes
-Rúa Virxe da Soidade
-Rúa Tras do Colexio
-Rúa Camiño de Gustavo
-Rúa Ouriol
-Rúa Garza
-Rúa Lavanco
-Rúa Gaivota
-Rúa Monte Pico Sacro
-Rúa Monte Pía Páxaro
-Rúa do Galo
-Rúa da Bolboreta
-Rúa do Vagalume
-Urbanización da Campiña
-Zona alta de Galegos
-Castelo

Na zona alta das Gándaras, así como na Campiña e en Castelo baixará a presión da auga aproximadamente durante os dous días seguinte ó corte, 29 e 30 de xullo.

Ademais, durante os tres días que se prevé que duren os traballos, 28, 29 e 30 de xullo, pódese producir enturbiamento da auga. No caso de darse esa situación será convinte tomar precaucións para o seu consumo.

O xoves, outro corte de auga

Os traballos que se van realizar o xoves na avenida de Madrid provocarán que queden sen subministro de auga, a partir das 10 horas e ata que rematen as obras, aproximadamente ás 20 horas, os seguintes lugares.

-Nacional-VI, desde a Tolda de Castela ata Nadela
-Tolda de Castela
-Barxelas
-O Mouto
-Paredes
-Bosende
-Anguieiro
-San Mamede dos Anxos
-Conturiz
-O Cuco
-Viador
-Nadela
-Estrada de Santa Comba
-San Andrés de Castro
-Estrada do Páramo
-Camiño de Vilar

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova