Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá remata o ciclo de jazz na rúa que organiza Lugo10


# Mércores, 28/07/2010


O ciclo de música de jazz na rúa que organiza Lugo10 remata mañá cun concerto que terá lugar, ás oito e media da tarde, na praza Maior.

Será o terceiro dos tres concertos que ofrece a “big band” Murajazz este verán nas rúas de Lugo.

Con esta programación, a banda integrada por 21 músicos que realizan os seus ensaios en Rábade, contribuíron a animar as noites do verán lucense.

Murajazz abriu este ciclo, que forma parte da programación de Lugo 10, o día 17 de xuño cunha actuación na praza Maior. O segundo dos concertos tivo lugar o pasado 20 de xullo na praza Anxo Fernández Gómez.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova