Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local reclámalle á Xunta que asuma a súa competencia de levar a internet ó medio rural


# Mércores, 28/07/2010


Imaxe Asociada

O Goberno local quere que a Xunta de Galicia asuma a súa competencia de despregar a banda ancha no medio rural de Lugo. A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, lembrou hoxe que é a Xunta quen ten competencia nesta materia e explicou que o Concello está a facer o esforzo de levar a internet ó rural porque non o fai o Goberno galego.

“Feijóo dixo que vai adicar 232 millóns de euros para que o 94% dos galegos teñan acceso á banda ancha no ano 2013 e dí que é urxente, e na provincia de Lugo a porcentaxe será aínda máis baixa, do 86%”, dixo a Concelleira de Servizos Xerais ó lembrar quen ten a competencia nesta materia.

Aínda así, sinalou, o Concello de Lugo “quere que todos os veciños sexan iguais e teñan os mesmos servizos”, por eso está facendo un esforzo neste tema e xa son 8 os telecentros que dispoñen de wifi e está adxudicada a instalación noutros 13, co que “serán 21 os que dispoñan do servizo por iniciativa deste Concello, con cartos do Concello e coa segunda fase do Plan E e mentres ¿onde está a Xunta?” preguntouse a Concelleira de Servizos Xerais.

Luisa Zarzuela explicou que con estes investimentos o 70% do rural de Lugo terá acceso á banda ancha e pediu que a Xunta asuma o 30% restante. Para elo, anunciou que o grupo socialista vai presentar unha proposición no próximo pleno do Concello na que se insta á Xunta para que no 2011 todo o Concello de Lugo teña o 100% de cobertura.



Visitas guiadas ó cemiterio

A Concelleira de Servizos Xerais tamén anunciou que a mediados de setembro comezarán as visitas guiadas ó cemiterio de San Froilán. É unha iniciativa pioneira en Galicia que xa se fai noutras cidades, de feito o Concello de Lugo forma parte da Asociación de Cemiterios Europeos, segundo indicou a Concelleira.

En Lugo, as visitas guiadas comezarán como experiencia piloto cunha ruta que inclúe trece puntos de interese. Na elaboración da información colaborou Darío Xohan Cabana, segundo explicou Luisa Zarzuela, e será o responsable do cemiterio municipal quen se encargará de acompañar ás persoas que queiran visitar o cemiterio. Para facer estas visitas será necesario pedir cita previamente a través do servizo 010.

Ampliar información Cemiterio


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova