Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Goberno local critica a diminución dos fondos de Programas de Cooperación concedidos a Lugo pola Xunta


# Mércores, 28/07/2010


Imaxe Asociada

O voceiro do Goberno local, José Rábade, criticou hoxe “a redución drástica” das axudas para contratación de desempregados a través do Programa de cooperación da Xunta cos Concellos.

Rábade indicou que o Concello de Lugo recibiu destes programas 600.000 euros para a contratación de 26 parados no ano 2008 e este ano a axuda é dun terzo: 200.000 euros para contratar 12 parados, nun momento no que hai mais xente sen traballo.

“Esto é o que lle preocupan as políticas de emprego a Xunta, que é quen ten competencias e recursos nesa materia”, indicou o voceiro do Goberno local.

Pola contra, o Concello, que non ten competencias en emprego, mantén o programa PILES, que xenera 30 empregos, e o Lugo Emprego Activo, do que se benefician 300 persoas, segundo informou José Rábade.

Nova sede da Policía

O voceiro do Goberno local deu conta en rolda de prensa dos acordos tomados pola Xunta de Goberno local entre os que figura a adxudicación definitiva da construción do novo edificio para a Policía Local e Protección Civil.

O edificio vaise construír en San Fiz cun presuposto de 3.238.312,24 euros (IVE incluído). A adxudicataria é a empresa Construcciones en Piedras Sigras S.L. e o prazo de execución é de once meses.

José Rábade anunciou que as obras comezarán, previsiblemente, no mes de agosto.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova