Imprimir

O CONCELLO APROBA O GASTO DE CASE 67.500 EUROS NO RURAL, EN TRÁFICO E PARA PEDIR NOVAS AXUDAS EUROPEAS


30/7/2010

O Concello acordou hoxe adxudicar as obras de asfaltado do camiño público municipal en Rubiás. A proposta da Concellería de Zona Rural e Medio Ambiente, a Xunta de Compras decidiu adxudicar esta obra, por importe de 28.042,57, euros á empresa Hermanos Blanco Trigo.

Melloras no tráfico

A Xunta de Compras tamén autorizou hoxe adicar 22.255,87 euros á adquisición de diversos materiais para melloras no tráfico.
9.499 euros son para a reposición de 150 bolardos. A Xunta de Compras acordou adquirirlle á empresa Aplex 100 bolardos de polietileno e 50 de caucho.

Tamén se decidiu adquirirlle á empresa Aplex 8 coxíns europeos para repoñer en diferentes puntos da cidade por un importe de 8.423,31 euros.

Outros 4.333,56 euros son para adquisición de sinais á empresa Lacroix Señalización. Trátase de sinais de aluminio que se instalarán no centro histórico no lugar das de aceiro que hai na actualidade nas seguintes rúas: Ramón y Cajal esquina Montevideo, Praza do Ferrol e Rúa Nova.


Captación de axudas europeas

Ademais, a Xunta de Compras deulle o visto e prace á contratación dunha asistencia técnica, por importe de 17.200 euros, para que o Concello opte a cinco proxectos que convoca a Unión Europea co obxectivo de continuar captando fondos económicos para Lugo, neste caso, en materia de emprego e de xuventude. Trátase da redacción e presentación de proxectos para presentar a candidatura de Lugo ós seguintes programas europeos: Xuventude en acción, Cultura (2007-2013), Grundtvig, programa transnacional espacio Atlántico e o 7º programa Marco. A