Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Reparado o colector de saneamento de Muxa, que rompera polas obras de Ronda Leste, tralas ás xestións que fixo o Concello


# Venres, 30/07/2010


O colector de saneamento que rompera polas obras da Ronda Leste, financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, xa está reparado, grazas as xestións feitas polo Concello.

A Concellería de Infraestruturas informou hoxe de que o colector de saneamento quedou reparado esta semana, logo das xestións que fixo este departamento municipal, facéndose eco das queixas de veciños de Muxa.

A obra consistiu na substitución duns 12 metros da tubería que rompera durante a execución da Ronda Leste. A rotura da canalización do saneamento dera lugar ó verquido de augas residuais, procedentes das vivendas da zona, ó río Rato.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova