Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Cinco mozos crean unha empresa froito dun proxecto do Concello de Lugo


# Martes, 03/08/2010
A Alcaldesa en funcións e o Concelleiro de Turismo visitaron hoxe a empresa Batitales

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, e o Concelleiro de Turismo, José Manuel Díaz Grandío, asistiron hoxe á presentación da empresa Batitales que naceu froito dun proxecto desenvolvido no Centro de Empresas e Innovación do Concello finaciado polo Ministerio de Traballo.

Batitales é unha empresa de xestión cultural e de desenvolvemento de proxectos turísticos innovadores creada por cinco mozos que aprenderon a xestionar proxectos empresariais a través dunha empresa simulada. Tratouse dunha acción formativa, incluída nun proxecto de ámbito nacional, na que participaron 16 mozos de Lugo que durante seis meses xestionaron unha empresa virtual desempeñando os mesmos labores, en materia de recursos humanos, compra-venta de produtos, operacións financieiras ou de marketing, como se se tratara dunha empresa real.

“Froito desa aprendizaxe naceu este proxecto empresarial que hoxe visitamos e que se xestiona no Centro de Empresas do Concello” salientou Sonia Méndez. A Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía e Emprego explicou que “se trata dunha empresa que venderá productos turísticos e culturais da cidade e a provincia e ten a vocación de extenderse no futuro ó resto de Galicia e a outros lugares de España”. Méndez indicou tamén que tanto o turismo como os produtos culturais “son un sector de futuro nos que Lugo ten potencial e, por eso, apoiamos esta iniciativa desde o Centro de Empresas do Concello”.


Asesoramento empresarial
Ademáis, a Alcaldesa en funcións informou de que no primeiro semestre deste ano o Centro de Empresas e Innovación deulle asesoramento a 126 proxectos empresariais dos que “36 xa se converteron en empresas reais creando postos de traballo co apoio do Concello”.

A maiores, Sonia Méndez lembrou que o Concello dispón dun viveiro de empresas, dotado con 20 locais, no que xa se crearon 30 empresas de diversos sectores “cun 100% de supervivencia”.


Programas de emprego executados ó 100%
Sonia Méndez tamén lembrou que a Xunta de Galicia ten transferidas expresamente as políticas activas de emprego e o Concello, que non ten esa competencia, leva a cabo iniciativas nesta materia de xeito voluntario porque “para nós é prioritario axudar a atopar un traballo ás persoas desempregadas”.

Por este motivo, a Alcaldesa en funcións amosouse sorprendida porque a Concelleira do PP Cristina Ares “bote a culpa do paro ó Concello exonerando de responsabilidade á Xunta”. “Eu asumo a miña responsabilidade de executar os programas en materia de emprego para os que acadamos financiamento da Unión Europea e do Goberno e todos eles execútanse ó 100% “ dixo Sonia Méndez quen se preguntou “se a Consellería de Traballo tamén asume a súa responsabilidade de exercer as competencias que ten atribuídas por lei”.

A maiores, a Alcaldesa en funcións explicou que a bolsa de emprego da web do Espazo<Lab “é un tablón de anuncios ó que poden acceder voluntariamente os empresarios, un servizo máis que ofrece o Concello” e lembrou que “quen ten esa obriga é o Servizo Galego de Colocación, non o Concello”.

Méndez tamén cualificou de “sorprendentes” as declaracións da Concelleira do PP respecto a contratación de 14 traballadores a través dos Programas de Cooperación da Xunta cos Concellos. “Nós criticamos que diminuiran a un terzo, precisamente nestes momentos, os cartos que adica a Xunta a estes programas que teñen como fin exclusivamente a contratación de desempregados”, explicou a Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía e Emprego. E engadiu que “nos preguntamos que dirán as persoas contratadas e as súas familias desas declaracións, nós, dende logo, non atopamos mellor destino para eses 200.000 euros que contratar xente que está no paro”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova