Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello, Fomento e a Xunta asinan o protocolo para construir en Lugo a estación intermodal


# Mércores, 04/08/2010
O Alcalde salienta a importancia desta infraestrutura para a modernización da cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O acordo permitirá incorporar Lugo á rede ferroviaria da alta velocidad e multiplicar as opcions de transporte dos ciudadáns


O Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Ministro de Fomento, José Blanco; e o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, asinaron hoxe o protocolo para a implantación da estación intermodal.

O protocolo impulsa a incorporación de Lugo á rede ferroviaria de alta velocidade e constitúe unha iniciativa estratéxica para o desenvolvemento territorial e económico de Galicia ó garantir a mobilidade dos cidadáns.

Confianza en Lugo

O Alcalde salientou que con acordos como este “avanza unha cidade” e destacou que o protocolo é froito de persoas que teñen “un obxectivo común, que Lugo se modernice e sexa unha cidade desenvolvida”.

“Hoxe é un día para gozar como lucenses, acabamos de poñer unha primeira pedra do desenvolvemento que vai supór a estación intermodal, que moderniza a nosa cidade e tamén favorecerá o conxunto da provincia”, indicou o Alcalde.

López Orozco afirmou que “hoxe damos un gran paso na tarea de modernización das nosas comunicacións que comenzou hai uns anos “ e considerou que “a pesar deste momento de incertidume económica, temos confianza porque hai un traballo en común das institucións que estamos para defender o ben xeral e porque confiamos en nós mesmos”.

“Temos confianza en nós grazas ó traballo feito por moita xente, liderado polo Concello, por todos aqueles que confían nas nosas posibilidades e non se arrugan polas circunstancias”, dixo o Alcalde quen tamén destacou a importancia de infraestruturas da cidade como as autovías, a nova traída de augas, a nova depuradora e colectores xerais, a creación de solo industrial, a nova ponte e o feito de que a cidade teña Universidade, sexa unha das máis seguras de España e teña en perspectiva o Auditorio.

O Alcalde rematou agradecendo ás outras administracións a colaboración neste importante proxecto e sinalou que “momentos coma este son os que nos fan ter esperanza” ademáis de asegurar que “o Concello sempre estará disposto á colaboración, do que é exemplo este protocolo”

Lugo, pioneiro en Galicia

“Lugo non podía quedar a marxe”, dixo o Ministro de Fomento, José Blanco, para quen coa sinatura deste protocolo “séntanse as bases para o transporte do futuro na cidade e defínese o modelo que Lugo quere para as súas comunicacións”. Tamén indicou que Lugo é pioneiro en Galicia, xunto con Santiago e o vindeiro paso, dixo o Ministro, “será a licitación dun concurso de ideas, algo que Adif fará no mes de setembro”.


“Vivimos tempos difíciles pero os problemas comúns supéranse antes e mellor se todas as partes traballan unidas para facerlles fronte”, dixo o Ministro para quen “a firma deste protocolo é exemplo de cómo mediante o diálogo pódese acadar que un proxecto vital para a cidade saia adiante”.

José Blanco tamén explicou que dende o Ministerio “estamos traballando para impulsar a alta velocidade na liña Ourense-Monforte-Lugo, xa enviamos o expedente Ourense-Monforte ó Ministerio de Medio Ambiente para a súa avalición ambiental e “o mesmo tempo avanzamos no resto dos tramos cuxo trazado é compatible coa alta velocidade, en definitima, estamos traballando para que a alta velocidade chegue a Lugo”.

O Ministro de Fomento lembrou que “a esta provincia durante moito tempo sobráronlle palabras e faltáronlle feitos”. E asegurou que “o meu compromiso con Lugo é algo que podo garantizar con feitos e coa miña palabra”.

O Ministro anunciou que “nun momento no que é obrigado conter o gasto público, quero ratificar que as infraestruturas de Lugo seguirán avanzando”. De feito dixo que “o axuste orzamentario non conlevará a supresión de ningunha actuación en marcha”. Tamén anunciou que “o ano que vén Lugo será unha das provincias nas que se farán máis investimentos en materia de estradas”.

A maiores, Blanco explicou que o Ministerio Fomento segue mellorando os accesos á cidade coa obras da avenida de Madrid, “nas que estamos a investir un orzamento de 3,4 millóns de euros e que poñeremos en servizo antes de fin de ano”.

“Por suposto mantemos o compromiso de que a Ponte do Miño estará en servizo o ano que vén anticipándonos mesmo ó prazo vixente do contrato de obras”, dixo o Ministro de Fomento e anunciou que “nos Presupostos Xerais do Estado do ano que vén haberá unha dotación duns 10 millóns de euros para finalizar esa actuación que estará antes do previsto”.


Vontade de acordo

O Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, Agustín Hernández, manifestou que este protocolo senta as bases dunha colaboración e destacou “a vontade de acordo que demostraron a Consellería e o Concello” neste proxecto e noutras actuacións como o novo Audirorio, os accesos ó novo hospital e as infraestruturas viarias de Plan Paradai.

Tamén indicou o Conselleiro que “Lugo é unha aposta segura”.

Nova estación de tren e autobuses

Na nova estación intermodal integrarase a estación ferroviaria de alta velocidade cos demáis sistemas de transporte urbán e interurbán para facilitarlles ós usuarios o intercambio entre o ferrocarril e outros medios de transporte.

Ademáis, o protocolo, que respecta a ubicación estratéxica da actual estación ferroviaria de Lugo, establece a necesidade de optimizar recursos, integrando os servizos de hostalería, aparcamento, equipamentos de oficinas e comercias nas instalacións actuais cos previstos na remodelación futura. Para elo, aportaranse os recursos económicos necesarios.

Máis concretamente, o protocolo establece a remodelación do feixe de vías existente para a súa adaptación á chegada da alta velocidade e a construcción dun novo edificio de viaxeiros, que se integre no actual, así como a remodelación do conxunto de instalacións ferroviarias para favorecer a intermodalidade cos demáis sistemas de transporte.

Neste sentido, tamén se prevé a construcción dun novo edificio para a estación de autobuses. Ademáis, é intención das partes a integración na trama urbana dos terreos colindantes ó trazado que se liberen.

Financiación

Nos acordos asinados hoxe establécese que a Xunta de Galicia financiará a construcción da estación de autobuses, así como el 50% das actuaciones de reurbanización do contorno. Pola súa parte, o Ministerio de Fomento, sexa directamente ou a través do Adif, financiará o custo da execución da nova estación de alta velocidade e a remodelación das vías e instalacións ferroviarias existentes na estación de Lugo, así como o 50% das actuacións de reurbanización do contorno que foran necesarias, no seu caso, para a loxística da estación intermodal.
Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova