Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Recepción á selección de baloncesto feminino sub 16


# Xoves, 05/08/2010
O Concello regaloulle ás xogadoras a camiseta do Lugo10

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Alcaldesa en funcións, Sonia Méndez, presidiu a recepción que lle ofreceu o Concello á selección española de baloncesto femininio sub 16 que foron agasalladas coa camiseta do Lugo10.

Méndez explicoulles que Lugo10 é o programa conmemorativo do décimo aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial. Tamén lles dixo ás xogadoras que a cidade está encantada de telas aquí, e informounas de que o Concello “fai unha importante aposta polo deporte” e de que “o baloncesto ten moita tradición en Lugo”.

A selección española de baloncesto feminino sub 16 prepara en Lugo o Camionato europeo que vai disputar en Grecia do 12 ó 22 deste mes. A selección leva en Lugo dende o día 21 de xullo, do 29 dese mes ata o 2 de agosto marchou a Italia xogar un torneo, e agora entrena de novo na nosa cidade onde permanecerá ata o día 10 de agosto. Para este sábado e este domingo ten previsto xogar, ás 20.00, dous partidos preparatorios contra Francia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova