Cargando....
Concello de Lugo
23/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

A economía do Concello de Lugo está saneada nun momento no que outras administracións pasan dificultades


# Xoves, 05/08/2010
As contas municipais de 2009 reflicten que medraron a liquidez, os investimentos e o superavit mentres baixou o nivel endebedamento

Imaxe Asociada
O Concello de Lugo goza dunha economía saneada nun momento no que moitas administracións teñen dificultades económicas que lles obrigaron adoptar planes especiais de saneamento ou incumplen os principios de estabilidade orzamentaria, segundo informou hoxe a Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.

Sonia Méndez anunciou que mañá haberá unha Comisión especial para aprobar as Contas oficial do Concello do ano 2009. Este expedente leva quince días a disposición dos grupos políticos e as contas vanse someter a votación mañá como paso previo á aprobación no pleno municipal. Posteriormente o Concello vainas remitir ó Consello de Contas de Galicia e ó Tribunal de Contas estatal. Sonia Méndez explicou que se trata “dun exercicio máis de transparencia que caracteriza a este Goberno local como demostrou o recente informe da Asociación Transparencia Internacional que lle deu a máxima puntuación ó Concello de Lugo na transparencia das áreas de economía e contratación”.

Máis liquidez

A Alcaldesa en funcións informou de que no ano 2009 medrou a liquidez do Concello ó que lle permite dispór de fondos para facerlle fronte ó pago de proveedores. De feito, explicou Sonia Méndez, no ano 1998 a tempo medio que tardaba o Concello en facer os pagos era de 136 días e no ano 2009 baixou a só 50 días. “Reduciuse máis da metade o prazo de pago ós proveedores, ás empresas do municipio de Lugo cobran antes que se traballaran noutros sitios e por iso este Concello recibe moitas ofertas das empresas nos concursos que licita”, explicou Sonia Méndez.

Menos endebedamento

O endebedamento por habitante diminui no ano 2009. “Lugo foi o Concello que máis reduciu a súa débeda no ano 2009” dixo a Alcaldesa en funcións pero ademáis “no ano 1998, co PP no Goberno local, o Concello tíña unha débeda de 643 euros por habitante e ó peche de 2009 pasou a 421 euros por habitante, polo tanto baixou nun 34%”. Actualmente a débeda do Concello é de 41 millóns a longo prazo e de 0 euros a curto prazo mentres que no ano 1998, cando gobernaba a cidade o PP, a débeda a longo prazo era de 46 millóns e 9 millóns máis a curto prazo.

Sobe o investimento

” Nestes dez anos fíxose un grande esforzo por reducir a débeda e aínda así fixéronse moitas máis obras e máis gasto social que cando gobernaba o PP”, indicou Sonia Méndez quen salientou o aumento no esforzo investidor do Concello. De feito, no ano 2008 o investimento en infraestruturas era de 57 euros por habitante e un ano despois medrou ata 153 euros “é un aumento espectacular do investimento en infraestruturas que se debeu, sen dúbida, a importante inxección económica do Plan Zapatero que se adicou a obras e servizos de interese para a cidade”, segundo a Alcaldesa en funcións.

Superávit tranquilizador

Outro aspecto destacado das Contas do Concello no ano 2009 foi o aumento do superávit. O superávit do Concello no 2009 foi de 5.400.000 euros. Medrou tamén o superavit facendo o cálculo por habitante, este era 1,80 euros por cada lucense no ano 08 e un ano despois é de 56 euros por habitante. “O feito de que o Concello teña ese superávit fai que dispoñamos de remanentes para afrontar as dificultades que se poidan atravesar neste ano 2010 sen grandes sobresaltos” concluíu Sonia Méndez para quen estes “son datos positivos e tranquilizadores”. Tamén destacou que “non todas as administracións poden dar este balance do ano que a nós vainos permitir asumir todas as obras e compromisos que este Goberno local ten coa cidade”.

Baixa o paro

A Alcaldesa en funcións e responsable municipal de Economía e Emprego tamén valorou a diminución do paro no mes de xullo. Para Sonia Méndez “foi un descenso lixeiro e iso é positivo pero oxalá fora maior”. “O Xacobeo non está a ter moita incidencia no emprego porque non foron moitos os actos programados aquí”, opinou Sonia Méndez.

Ademáis comentou irónicamente “supoño que Cristina Ares vai felicitarme agora por esa baixada no paro, xa que me fai responsable a mín dos datos do paro” e rematou lembrando a responsabilidade da Xunta de Galicia. “As políticas pasivas de emprego, ás prestacións, son competencia do Estado, e as políticas activas de emprego correspóndenlle á Xunta de Galicia, que non está a exercelas como debera, mentres nós, sen competencias, estamos cumprindo e levando a cabo programas de emprego grazas á financiación europea que acadou o Concello”, explicou a Alcaldesa en funcións.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova