Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Deputación rematará a construción da rúa Pedáneo Xoán Diego en Paradai en 6 meses


# Mércores, 04/08/2010
O organismo provincial retoma os traballos paralizados pola primeira empresa adxudicataria debido ás dificultades económicas que atravesaba e reduce o prazo de execución

A Deputación rematará as obras de construción da rúa Pedáneo Xoán Diego no Parque de Paradai do Concello de Lugo en seis meses. Para elo, o organismo provincial retomou este mércores ditos traballos paralizados pola primeira empresa que resultou adxudicataria debido ás dificultades económicas que atravesaba.

O organismo provincial logrou desbloquear esta situación logo de manter varios encontros coa empresa afectada, e pactar de mutuo acordo rescindir o contrato asinado. Tras un novo concurso, a Xunta de Goberno aprobaba o pasado mes de maio a adxudicación provisional do remate destas actuacións a Contruccións Sanle Lugo, entidade que ofertou reducir o prazo de execución de 12 meses a 6 meses.

Os traballos, que permitirán salvar a barreira do ferrocarril, e favorecer a comunicación de Paradai e das Gándaras, contan cun investimento de máis de 1,5 millóns de euros, concretamente de 1.521.407 euros que se inclúen dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública posto en marcha pola Deputación para manter postos de traballos, e adiantar á saída da crise na provincia.

A construción da rúa Pedáneo Xoán Diego permitirá salvar a barreira do ferrocarril, e favorecer a comunicación da zona e das Gándaras. Ten unha lonxitude de 750 metros e 16 de ancho. O proxecto contempla ademais a construción de dous carrís de circulación, beirarrúas, e aparacadoiros. Pola marxe dereita, ó longo de 500 metros colinda co parque fluvial de Paradai e, polo esquerdo, coa Duquesa de Lugo

Cooperación cos Concellos
Esta é a terceira obra do Plan Paradai do Concello de Lugo que acomete o organismo provincial dentro da aposta pola cooperación cos municipios en beneficio dos veciños. As dúas anteriores foron a construción da Ponte Romai, con enlaces na Segunda Ronda e a Rotonda da Rocha, e a prolongación da Avenida Duquesa de Lugo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova