Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo adiantouse en seis meses ó prazo de 50 días que establece a nova lei para que as administracións lle paguen ós proveedores


# Venres, 06/08/2010
As contas do Concello do 2009 foron aprobadas hoxe en Comisión

A Comisión de Contas do Concello aprobou hoxe as contas oficiais do ano 2009, coa abstención da oposición, segundo informou a Alcaldesa en funcións e Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, que considerou sorprendente a postura da oposición xa que “son datos moi positivos, máis aínda tendo en conta a situación que atravesan moitos concellos”.

Sonia Méndez informou de que “por segunda vez, os técnicos explicaron que a media de tempo que tardou o Concello no ano 2009 en pagar ós seus proveedores foi de 50 días”. A responsable municipal de Economía e Emprego lembrou que a lei contra a morosidade, que obriga ás administracións a pagar nese prazo de tempo, aprobouse en xullo deste ano polo que “o Concello anticipouse en seis meses ás esixencias da nova lei e levamos anos reducindo o tempo no que se paga ós proveedores”.

Ademáis, Sonia Méndez tamén asegurou que o Concello non fai pagos fóra da lei. “O Concello, como administración que é, non realiza pagos indebidos senón que os fai todos no marco da lei e con informes sobre a necesidade de facerlle fronte a eses pagos”. Sonia Méndez explicou que o Concello tramita 8.000 facturas ó ano e en todas as administracións se producen algúns defectos formais pero non pagos indebidos. No caso do Concello de Lugo, explicou, “a porcentaxe de procedementos con defectos formais é minimo, unha cantidade inferior ó 1% mentres hai Concellos como por exemplo o de Valencia, gobernado polo Partido Popular, no que son o 25%”.

Un deses casos foi o dunha factura dunha ONG que xustificou cun mes de atraso o gasto que fixo nunha obra de cooperación realizada no Terceiro Mundo e o Concello pagouna despois de que a comisión correspondente constatara que ese defecto formal non xustificaba que non se pagara esa obra.

Méndez tamén lembrou que a oposición tivo ó seu dispór o expedente coas Contas do Concello durante quince días antes da comisión celebrada hoxe.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova