Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Arranxado o atranco nun sumidoiro da rúa Cidade de Viveiro


# Mércores, 11/08/2010
O Concello investiga o corte da rúa Paulo Fabio Maximo por unha obra privada

Imaxe Asociada
O Concelleiro de Infraestruras, José Piñeiro, anunciou que quedou resolto onte o atasco nun sumidoiro situado a altura do número 2 da rúa Cidade de Viveiro, ocasionado pola acometida dun edificio de vivendas que entronca co colector municipal.

Desde hai meses o Concello trataba de darlle unha solución a este problema que tiña orixe nun edificio de vivendas e causou, nos últimos meses, varios verquidos de augas fecais que saían polo sumidoiro á vía pública. Neste tempo o Concello abriulle un expediente e denunciou á propiedade do inmoble por non arranxar o problema, ademáis de enviar en varias ocasións ós equipos de Urbaser a limpar o pozo onde se acumulaban as augas fecais.

Pese ós requerimentos feitos polo Concello para que arranxasen o problema, os propietarios non o fixeron o que levou á administración local a actuar. Segundo explicou o Concelleiro de Infraestruturas, “buscamos a acometida e por onde entronca co colector xeral e resolvimos un problema ocasionado porque os veciños que viven alí, que son inquilinos, non teñen cuidado co que tiran polas cañerías”. “Había un atasco fenomenal, ata atopamos chaquetas”, manifestou o Concelleiro, quen tamén indicou que “o expedente segue adiante e ademáis os propietarios do edificio terán que correr cos gastos que ocasionou o desatasco”.

Corte de tráfico indebido

O Concelleiro de Infraestruras tamén censurou o corte de tráfico da rúa Paulo Fabio Maximo que fixo, sen coñecemento nin autorización do Concello, unha empresa que fai unha obra privada de urbanización da unidade de actuación que se desenvolve no polígono Norte B.

José Piñeiro pediulles desculpas ós veciños da zona e manifestou que “non é xustificable que se corte unha rúa sen permiso, sen ter regulado o tráfico e sen terllo comunicado ós veciños”.

O Concelleiro de Infraestruras, acompañado da policía local, acudiu esta mesma mañá ó lugar pedirlles explicacións ós responsables da obra que fixeron o corte, durante aproximadamente unha hora e cuarto, e ordenar que non se volva producir unha situación deste tipo.

En relación con estas obras, José Piñeiro anunciou que a beirarrúa da marxe esquerda de Paulo Fabio Maximo, en dirección da Avenida da Coruña cara a Duquesa de Lugo, entrará en servizo previsiblemente como moi tarde o luns.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova