Cargando....
Concello de Lugo
21/01/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello comparte a preocupación da Asociación impulsora do Pacto polo emprego de Lugo sobre o futuro deste organismo


# Xoves, 12/08/2010
A Asociación que forman administracións, patronal e sindicatos pide máis implicación da Xunta nun momento no que o paro é o principal problema dos cidadáns

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Alcaldesa de Lugo en funcións, Sonia Méndez, declarou hoxe que é necesaria unha maior implicación da Xunta para garantir o futuro do Pacto polo emprego nun momento no que o paro é o principal problema que teñen os cidadáns.

Sonia Méndez declarou, trala xuntanza da Asociación impulsora do Pacto polo emprego de Lugo, que suscribe as manifestacións feitas por Fernando Teijeiro, vicepresidente da Asociación impulsora do Pacto polo emprego de Lugo, e secretario xeral da Federación Agroalimentaria da UXT.

Fernando Teijeiro explicou que na reunión celebrada hoxe “presentouse o novo equipo técnico que vai traballar nos obxectivos do Pacto territorial polo emprego que ten a finalidade de elaborar un plan de emprego para a nosa zona” e tamén indicou que “queremos esixirlle á Xunta que se involucre máis”.

Segundo explicou Sonia Méndez, “a actual Xunta está planteando unha reformulación dos Pactos polo emprego, de momento mantén a subvención para o seu funcionamento ata xaneiro pero non é seguro que lle continúe dando soporte económico e iso preocúpanos”.

O Pacto polo emprego é unha iniciativa que ten a misión de coordinar as actuacións de administracións, empresarios e sindicatos co obxectivo de deseñar estratexias que melloren a empregabilidade.

Esta iniciativa púxose en marcha no ano 2007. Os Pactos territoriais polo emprego foron creados por un acordo do entón Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a Confederación de Empresarios de Galicia, UXT e CCOO de Galicia no marco do Diálogo Social.

O de Lugo foi un dos primeiros que se constituiu e leva funcionando máis de dous anos. Está presidido polo Alcalde de Lugo e forman parte del 38 Concellos da zona centro da provincia, ademáis dos sindicatos UGT, CCOO, CIG e a CEL. Na provincia tamén hai Pactos territoriais na Mariña e na zona sur. En Galicia funcionan en total 15 Pactos.

Trala reunión que celebrou esta mañá, na sede do CEI, a Xunta directiva da Asociación impulsora do Pacto polo emprego de Lugo fixo pública unha nota na que, entre outras cousas, indica o seguinte:
“Parece que durante este tempo a nova Xunta quere repensar os pactos ou reformulalos. A asociación apoia a continuidade dos traballos e a intensificación do seu traballo nesta época en que as políticas activas de emprego son máis importantes que nunca. Ademais, demanda unha maior implicación dos actuais responsables da Consellería de Traballo, que deben coordinar e marcar a liña de traballo de todos os pactos, para que sexan máis eficaces, tal e como estaba establecido nun principio.
Tanto o Concello de Lugo como os sindicatos manifestan a súa vontade expresa de continuar o traballo en común das entidades máis cercanas aos cidadáns pero demandan que a Xunta cumpla tamén e exerza as súas competencias en materia de políticas activas de emprego”.
Tamén sinala a nota que difundiu a Asociación do Pacto polo emprego de Lugo:
“Os Pactos territoriais polo emprego nacen na Comisión Europea. O obxectivo dos pactos é acercar o nivel de intervención ao ámbito no cal se desenvolven as diferentes políticas de emprego e a creación de marcos de coordinación - intervención das diferentes administracións e axentes sociais implicados nos temas de emprego.
Os Pactos Territoriais de Emprego supoñen esencialmente un incremento e unha planificación e xestión coordinada do conxunto dos recursos públicos que se destinan ao emprego nunha zona.
Un Pacto Territorial é, en primeiro lugar, un órgano de participación da administración local e dos axentes económicos e sociais nas políticas de emprego da Consellería de Traballo.
Neste marco de obxectivos, os diferentes Pactos Territoriais de Emprego deberán abordar:
A elaboración do Plan de Emprego do territorio no que se asenta.
O análise e avaliación da evolución dos diferentes indicadores de emprego do territorio
O informe das diferentes propostas de actuación relativas a políticas activas de emprego que se desenrolen no seu territorio.
Os Pactos Territoriais realizarán o análise socioeconómico da zona elaborando o análise DAFO da mesma, analizarán e avaliarán as políticas activas que se executen no seu ámbito, propoñerán os colectivos prioritarios e as actuacións de políticas activas en xeral “.
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova