Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Finaliza o prazo de inscrición no VI Concurso de Tapas de Lugo


# Mércores, 18/08/2010
Os hostaleiros que desexen participar teñen ata o 20 de agosto para inscribirse

Imaxe Asociada

Este venres, 20 de agosto, finaliza o prazo de inscrición no VI Concurso deTapas de Lugo. Os hostaleiros que desexen participar deben presentar a súa solicitude e aboar unha fianza de 30 euros que será devolta mediante transferencia bancaria o 6 de outubro de 2010.

Ademais de inscribirse, teñen que seleccionar a modalidade de tapa, tradicional ou creativa, pois só se pode participar nunha categoría. En ámbolos dous casos, as tapas serán elaboradas con produtos de calidade da nosa terra ben sexa seguindo a tradición da gastronomía galega ou as novas vangardas culinarias.

En total, serán 40 os establecementos participantes seleccionados por rigoroso orde de inscrición e cada unha das categorías contará con vinte establecementos. Cada un deles contará cun cartel identificativo co nome do local e da tapa coa que concursa; tamén disporá dunha urna e tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto.

O público elixirá os gañadores da Tapa Creativa San Froilán e da Tapa Tradicional San Froilán a través do sistema de votación popular, que se pode realizar de dúas maneiras: por votación directa na urna do local ou vía internet a través das webs www.lugo.es e www.lugoturismo.com.

Doutra banda, un xurado designado pola organización será o encargado de otorgar as outras cinco categorías de premios contempladas nas bases: 1º e 2º Premio de Tapa Creativa, 1º e 2º Premio de Tapa Tradicional e un Premio á Tapa que mellor maride co viño D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use este elemento como ingrediente.

O concurso desenvolverase entre os días 11 e 26 de setembro incluídos e o público poderá degustar as tapas en horario de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas. O prezo da tapa estará comprendido entre 1 e 3 euros.

Os días 29 e 30 de setembro o xurado elixirá aos catro finalistas de cada categoría e será o 1 de outubro cando se coñecerán os gañadores do VI Concurso de Tapas de Lugo que recibirán unha placa conmemorativa e insercións de publicidade. O acto de entrega dos galardóns terá lugar en outubro, coincidindo coas Festa de San Froilán.

Tamén se farán os sorteos de cesta de produtos típicos, comidas ou ceas aos que opta o público que participe co seu voto no concurso. Os clientes que acumulen un mínimo de doce selos de diferentes establecementos participarán no sorteo de agasallos como: catro lotes de viño D.O. Ribeira Sacra, catro fins de semana no Gran Hotel e cinco entradas ao Club Termal do Gran Hotel de Lugo.

Para máis información consultar as webs www.lugo.es e www.lugoturismo.com.


- Bases para participar na 6ª edición Descargar PDF 210 KB

- http://www.lugo.es/concursotapas (edición 2009)




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova