Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e o ciclo DIVERSONS - Música para a integración achegará ata Lugo sons de fados e rumbas


# Mércores, 25/08/2010
A iniciativa musical da Obra Social “La Caixa”, que ofrecerá dous concertos gratuítos, foi presentada pola Concelleira de Cultura Nuria Mundiña

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
DIVERSONS alcanza con esta a súa sexta edición levando o 28 de agosto a Lugo as actuacións do grupo LUSOFONÍAS e RUMBA VELLA.


A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, presentou hoxe, xunto co director local de “la Caixa” José María Vázquez, o programa DIVERSONS da Obra Social “la Caixa” que chega este ano a Lugo con dous concertos. Dende o ano 2005 a entidade reúne artistas e conxuntos musicais foráneos residentes en España, có obxectivo de dar a coñecer a música e tradicións dos lugares de orixe, a vez que favorece o coñecemento e a convivencia entre as distintas culturas.

Na presente edición, a Obra Social “la Caixa”, en colaboración co Concello de Lugo, amenizará o vindeiro 28 de agosto o centro da cidade con dous concertos dentro do programa DIVERSONS, e interpretados por dos grupos musicais de procedencia dispar: Lusofonías, formación de orixe portugués e Rumba Vella, recente formación experta na máis auténtica rumba catalana. Ambos concertos serán gratuítos e terán lugar na Praza da Soedade o sábado 28 de agosto a partires das 21.00 horas.

As formacións que participan no programa foron seleccionadas por un xurado especializado en músicas do mundo, que elixiron a sete formacións para esta nova edición que durante os meses de verán están de xira por diferentes puntos da xeografía española.

DIVERSONS pretende impulsar a difusión e promoción de músicas do mundo, a través das cales quere aproximarse a diferentes culturas, fomentando o seu coñecemento e favorecendo así a súa integración, respeto e convivencia. Dende o seu nacemento, hai seis anos, o proxecto levou a máis de 200 cidades españolas máis de 600 concertos en vivo ante máis de 200.000 espectadores. O proxecto deu a coñecer tradicións que van dende a música andina ata a de África negra, pasando pola música dos Balcáns, entre outras. Tódolos anos, o Departamento de Música da Obra Social “la Caixa” abre unha nova convocatoria para a presentación de diferentes propostas. A nova convocatoria para escoller os grupos da vindeira edición está aberta e remata no mes de setembro.


Grupos DIVERSONS en Lugo

Lusofonías
Portugal

Este proxecto naceu en Madrid hai un ano, cando a cantante Patricia Colaçao, tras un longo percorrido en grupos de jazz latino e música brasileira, convocou a varios músicos de diferentes estilos para traballar dende unha sonoridade acústica, diversos materiais que tiveran como elemento común o idioma portugués. A partir deste intre, o grupo realizou unha investigación que o levou a concentrarse no fado lisboeta, os cantos tradicionais da rexión portuguesa do Alentejo, a morna caboverdiana, o semba de Angola ou o choro carioca. Con propostas urbanas o rurais, pausadas o rítmicas, xenuínas ou mestizas, o universo musical lusófono está cheo de matices e sons de gran riqueza.

Patricia Colaço, voz principal
David Tavares, guitarra acústica
Coco Fernández, acordeón, piano e percusión
Francis Loque, contrabaixo

Rumba Vella
Cataluña

O grupo catalán Rumba Vella comezou a súa andadura nas aulas do Taller de Músics. O quinteto reivindica as rumbas máis clásicas, centrándose nos sons máis tradicionais. Entre os seus compoñentes atopamos netos e bisnetos dos mestres da rumba clásica, autores de pezas tan emblemáticas como Caramelos, Achilipú ou Una lágrima cayó en la arena. A rumba catalana está a vivir, nos derradeiros anos, unha etapa de plenitude, onde xoves músicos están a desenvolver proxectos o redor da música creada polos xitanos de Barcelona ou Mataró, entre outras.

Emili Calabuich “Miliu”, guitarra e voz
Jonathan Maya “Petete”, guitarra e voz
Jack Tarradellas “Chakataga”, voz e percusión
Antonio Reyes “Toni”, baixo eléctrico
Nacho López, violín


Novo concerto San Froilán

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, anunciou un novo concerto para as festas do San Froilán. Será o sábado día dous de outubro na Praza de Santa María e correrá a cargo do compositor, cantante, letrista e guitarrista Josele Santiago. O ex líder de Los Enemigos, que volta a visitar San Froilán para presentar o seu derradeiro traballo “Loco encontrao”, estará acompañado por artistas lucenses.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova