Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Policía Local mellora a súa xestión co uso de dispositivos PDA


# Xoves, 26/08/2010
Comezan a funcionar na agrupación de tráfico e antes de finalizar o ano, todo o plantel contará con este sistema informatizado para a xestión das sancións

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Non se trata dun sistema para aumentar o número de sancións, senón para mellorar a tramitación, xa que se elimina o paso de trasladar os datos do papel ao ordenador


O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade presentou o novo sistema de tramitación de sancións a través de PDA que se está a implantar na Policía Local lucense.

Trátase dun sistema informatizado que mellora e axiliza a tramitación de sancións e permite a eliminación do traballo de trasladar as sancións do papel ao ordenador, xa que mediante este sistema, os datos pasan directamente aos ordenadores do departamento de sancións local.

O Concello conta xa con 25 dispositivos PDA e 12 impresoras que están a probar os 20 policías integrantes da agrupación de tráfico. O investimento que se realizou foi de 18.000 euros.

Segundo sinalou o Concelleiro, neste momento están funcionando, aínda que se considera período de probas xa que só as emprega unha agrupación, a de tráfico, que está a comprobar o seu correcto funcionamento e informando se detecta algún fallo.

As PDAs inclúen un software elaborado especificamente para a Policía Local lucense, de aí que sexa preciso confirmar que todo está de acordo coas necesidades dos policías que as empregan.

José Rábade explicou que antes de finalizar o ano toda a Policía Local contará con este instrumento de tramitación, tal e como se comprometeu o Goberno local. Lembrou que as sancións da Policía Local non son un medio de recadación, senón de seguridade, xa que só se sanciona a quen incumpre as normas.

Características Técnicas dos dispositivos PDA

- Dispositivos PDA:   HTC Touch 2, modelo T3333; plataforma Windows Mobile 6.5 Professional; dimensións 104x55x12,9 mm, peso 110 gramos; rede HSDPA/WCDMA  (900/2100 MHZ) - GSM/GPRS/EDGE (850/900/1800/1900 MHZ); pantalla táctil de 2,8 pulgadas; antena GPS interna; conectividade Bluetooth 2.1+EDR y A2DP - Wi-Fi (IEEE 802.11 b/g) - clavixa de audio de 3,5 mm - HTC Ex - HTC ExtUSB; cámara de 3,2 megapíxeles e memoria ranura para tarxeta microSD.

- IMPRESORAS: Brother, modelo MW-140BT TypeF; impresión térmica directa cun cabezal de impresión térmica en línea, resolución 300pppx300ppp; velocidade de impresión 15 segundos/folla; papel A7 de Brother (74x105 mm); batería de ión-litio 7,4 V; interfaz Bluetooth versión 1.1 clase 2 compatible con perfil porto de serie e USB versión 1.1; dimensiones 100(anchura)x160x17,5 mm; peso 300 gramos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova