Cargando....
Concello de Lugo
21/05/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa esta fin de semana o programa de Visitas Teatralizadas "Lugo Cidade 10"


# Venres, 27/08/2010
Un espectáculo, incluído no programa Lugo10, que combina emoción e historia para amosar dun xeito único a cidade

Imaxe Asociada
Esta fin de semana continúa o programa de Visitas Teatralizadas, organizado pola Concellería de Turismo e Deportes e Lugo10, e que este ano leva por título “Lugo Cidade 10”.

O venres, día 27 de agosto, terán lugar dúas sesións pola tarde ás 19:00 e ás 21:00 horas. O sábado 28, a primeira cita é ás 13:00 horas e continúan pola tarde no horario habitual de 19 e 21 horas. O domingo 29 celebrarase unha sesión ás 13:00 horas. O lugar de partida da representación é a Praza do Campo quince minutos antes da hora de inicio.

As entradas pódense adquirir ao prezo de 4 euros adulto e 2 euros infantil nos hoteis da cidade e no Centro de Interpretación da Muralla. O horario de apertura deste último é de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas todos os días.

As visitas teñen unha hora de duración e percorren diversas rúas do centro histórico da cidade que se converten no escenario monumental deste espectáculo que propón unha ollada especial para descobrer personaxes, palabras, músicas e rincóns segredos de Lugo.

No espectáculo participan seis actores que, acompañados por dous músicos, guían aos visitantes ao longo deste percorrido tan particular que presta especial atención ao programa Lugo10, que conmemora o Décimo Aniversario de conmemoración da Declaración da Muralla como Patrimonio da Mundial do monumento romano.

As Visitas Teatralizadas permiten descubrir a cidade dun xeito único, xa que é un espectáculo que combina a información coas emocións e sorprende tanto a lucenses como a visitantes.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova