Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O día 2 de setembro comeza o curso nas Escolas Municipais Infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz


# Luns, 30/08/2010
Os pais e nais do alumnado manterán previamente unha xuntanza informativa cos técnicos para coñecer o funcionamento do centro

As Escolas Municipais de Educación Infantil de Serra de Outes e Gregorio Sanz, dependente da Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, comezan o día 2 de setembro a actividade do novo curso escolar 2010-2011.

O mércores 1 de setembro terá lugar ás 17.00 horas nas mesmas Escolas unha xuntanza informativa para pais e nais. Os técnicos informarán aos pais e nais dos alumnos e alumnas dos centros sobre as actividades, horarios e funcionamento da escola infantil e tratarán todos aqueles temas nos que podían ter dúbidas.

Escola Infantil Serra de Outes

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova