Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello activou o protocolo de emerxencias tralo verquido de combustible dun camión que envorcou na Autovía en Guitiriz


# Mércores, 01/09/2010
Os servizos de Protección Civil e Bombeiros de Lugo colaboraron para minimizar o impacto do verquido

O Concello de Lugo activou esta mañá o protocolo de emerxencias para evitar que o accidente dun camión que transportaba combustibles líquidos chegara a afectar as plantas depuradoras de Lugo.

Aínda que o accidente dun camión que envorcou no quilómetro 528 da Autovía produciuse fóra do término municipal de Lugo, ó seu paso por Guitiriz, o Concello de Lugo mobilizou os seus servizos de Bombeiros e de Protección Civil.

Os Bombeiros de Lugo colaboraron coa empresa Tragsa para limpar a vertedura do combustible que transportaba o vehículo accidentado nun dos depósitos, logo de recibir o aviso do accidente contra as 9.20 horas.

Ademais, a Concellería de Protección da Comunidade, que dirixe José Rábade, activou esta mañá o protocolo de emerxencias do Concello diante da posibilidade de que o combustible derramado chegara a través do cauce do río Ladra, que é afluente do Miño, a algunha das dúas plantas depuradoras.

Para evitar esta situación, membros do servizo de Protección Civil baixaron ó río cunha lancha pneumática e instalaron dispositivos para protexer a captación das dúas plantas. Aproveitaron tamén para efectuar o cambio das barreiras que xa protexían as dúas depuradoras.

Tamén a Concellería de Medio Ambiente, da que é responsable Lino González Dopeso, tomou medidas oportunas para garantir que o suceso non teña impacto nas depuradoras.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova