Imprimir

O CONCELLO RECIBE ÓS ASISTENTES A UN CONGRESO DE ENTOMOLOXÍA


2/9/2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu a recepción que lle ofreceu hoxe o Concello ós asistentes ó XIV Congreso Ibérico de Entomoloxía, que se celebra estes días na nosa cidade.

Ademais de darlles a benvida a nosa cidade, o Alcalde faloulles ós congresistas, que proceden de distintos puntos de España e de Portugal, dos atractivos de Lugo e contoulles que este ano celebramos o décimo aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial.

Tamén lles explicou que nos últimos anos Lugo ten experimentado un importante cambio ó que contribuíu tamén a Universidade que é quen organiza esta reunión científica na nosa cidade dende o día 1 ata este sábado.