Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Corenta establecementos participan na sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo que se fallarán o día 1 de outubro


# Venres, 03/09/2010
* O ano pasado degustáronse 30.000 tapas neste certame
* O Concurso de Tapas será do 11 ó 26 de setembro


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

Corenta establecementos participan no VI Concurso de Tapas de Lugo que se vai celebrar do 11 ó 26 deste mes de setembro, segundo informaron hoxe o Concelleiro de Turismo e Deportes, José Manuel Díaz Grandío, e máis o presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros, Cheché Real.

O Concelleiro de Turismo explicou que os establecementos inscritos nesta edición do Concurso de Tapas proceden de toda cidade, aínda que a maioría son do Centro e das zonas Sul e Norte. Tamén hai nesta edición un local situado na zona rural, concretamente en San Vicente de Pías.

“Como poderedes comprobar, un ano máis os hostaleiros lucenses poñen o mellor do seu talento para elaborar unhas tapas exquisitas e que fan gala do famoso lema que recolle o espírito da extraordinaria gastronomía lucense: E para comer, Lugo”, manifestou José Manuel Díaz Grandío.

O Presidente da Asociación Provincial de Hostaleiros, Cheché Real, felicitou ó Concello por esta iniciativa e tamén porque a organización do certame corre a cargo dunha empresa de Lugo.
20 dos establecementos optan ó premio na modalidade creativa e outros 20 na de tapa tradicional.

As tapas que se presentan a concurso serán elaboradas con produtos de calidade da nosa terra ben sexa seguindo a tradición da gastronomía galega ou as novas vangardas culinarias.

Cada un dos establecementos contará cun cartel identificativo co nome do local e da tapa coa que concursa; tamén disporá dunha urna e tarxetas para que os clientes poidan emitir o seu voto de valoración.

O prezo das tapas varía entre 1 e 3 euros e o horario será de 13:00 a 15:30 horas e de 20:00 a 22:30 horas

Proceso de selección

O público elixirá os gañadores da Tapa Creativa San Froilán e da Tapa Tradicional San Froilán a través do sistema de votación popular, que se pode realizar de dúas maneiras: por votación directa na urna do local ou vía internet a través das webs www.lugo.es e www.lugoturismo.com.

Do reconto destes votos tamén sairán os 30 establecementos semifinalistas (15 por cada modalidade) e un xurado designado pola organización será o encargado de otorgar as outras cinco categorías de premios contempladas nas bases: 1º e 2º Premio de Tapa Creativa, 1º e 2º Premio de Tapa Tradicional e un Premio á Tapa que mellor maride co viño D.O. Ribeira Sacra ou que mellor use este elemento como ingrediente.

O día 29 de setembro o xurado elixirá aos catro finalistas da categoría creativa. O día 30 seleccionará aos catro finalistas da modalidade tradicional e o 1 de outubro cando se coñecerán os gañadores do VI Concurso de Tapas de Lugo.


Plano

O Concelleiro de Turismo e o Presidente da Asociación de Hostaleiros tamén presentaron un folleto que contén un plano da cidade con información que inclúe o nome dos establecementos, o nome da tapa. Ademais inclúe os cadros para os selos dos locais. Para participar no sorteo dos agasallos deben acadarse 12 selos.

Os agasallos son:
-Catro Lotes de Viño D.O. Ribeira Sacra, por cortesía da D.O. Ribeira Sacra
-Catro estancias de Fin de Semana no Hotel Husa Porta de Santiago, por cortesía de Husa Hoteles
-Dez entradas para o Club Termal do Gran Hotel de Lugo, por cortesía do Gran Hotel de Lugo

Ademais distintos establecementos participantes ofrecen varios agasallos que se sortearán entre os CUPÓNS DE VOTACIÓN que consisten en vales-obsequio para xantar ou cear, outros de consumición, unha demostración da elaboración da tapa e dúas estancias para dúas persoas no Pazo de Orbán.

Cada persoa só poderá emitir un voto por local e deberá avaliar a calidade da tapa (sabor, presentación, servizo, ingredientes...) outorgando unha puntuación que vai do 1 ao 7.

Bases para participar na 6ª edición Descargar PDF 210 KB


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova