Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe as xogadoras que participarán no Torneo Internacional Lugo10 que se disputará no Pazo dos Deportes


# Xoves, 02/09/2010


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

O torneo de preparación de cara ao Mundial comeza hoxe cos partidos entre as seleccións de Francia e Bielorrusia e de España contra Grecia

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron hoxe no Concello de Lugo as xogadoras da selección española de baloncesto, acompañadas pola Delegada en Lugo da FGB, Patricia Rico e varias xogadoras así como representantes das seleccións de Francia, Bielorrusia e Grecia. Na recepción, se lles obsequiou cunha bolsa do programa Lugo10, con contido informativo e turístico sobre a cidade.

O Torneo Internacional Lugo10, que se celebrará os días 2, 3 e 4 de setembro no Pazo Provincial dos Deportes, enfrontará as xogadoras do combinando nacional, actualmente quinta selección no ranking FIBA e medalla de bronce no campionato de Europa 2009, contra as mellores seleccións do mundo; Francia (Campeona de Europa 2009), Bielorrusia (cuarta clasificada no Campionato de Europa 2009) e Grecia (quinta clasificada no Campionato de Europa 2009).

Trátase dunha serie de encontros e torneos de preparación para a selección nacional absoluta de baloncesto, na categoría feminina, de cara a súa participación no Campionato do Mundo, que terá lugar na República Checa dende o 23 de setembro ata o 3 de outubro.

O primeiro partido disputarase hoxe, a partir das 18.00 horas, e enfrontará o combinado francés contra as xogadoras bielorrusas. O debut de España neste torneo será a partir das 20.00 horas, no Pazo dos Deportes de Lugo, contra a selección de Grecia.

Programa Lugo10

O Torneo Internacional está incluído dentro da marca Lugo10, un programa de actos e actividades culturais, deportivas, artísticas, sociais e medioambientais que se está a desenvolver ao longo de todo o ano 2010. Unha iniciativa aberta aos lucenses e financiada integramente por colaboradores e patrocinadores que pretende conmemorar o décimo aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial.

Lugo10 fixo a súa presentación oficial o 11 de xaneiro cunha espectacular gala celebrada no Círculo das Artes. A partires deste intre, a marca Lugo10 estivo presente en Internet e as redes sociais a través da páxina web www.lugo10.es. Tivo a súa presenza en FITUR, e no mes de marzo organizou a I Subida Muralla de Lugo coa Escudería Miño. En abril houbo música da man dos Secretos, no Auditorio Gustavo Freire, e moda, coa celebración da Gala Muralla Moda 2010 que acadou unha gran repercusión mediática. Xuño e Xullo ofreceu aos lucenses e visitantes jazz nas rúas así como a posibilidade de coñecer a historia romana da cidade a través das Xornadas sobre Romanización. Lugo10 ademais estivo presente durante estes meses en toda a cidade a través de moitas actividades como Breackdance nas rúas, exposicións (“Orígenes”, “Miradas, tramas, expresións e realidades”), visitas teatralizadas o centro histórico ou a celebración da Gala de Danza Lugo10, celebrada o 4 de xuño no Auditorio Gustavo Freire, e que acadou un gran éxito.

Máis de 800 persoas participaron nas actividades de Lugo10 Lugoteando, celebradas no río Miño, e preto de 10.000 foron as que visitaron o Barco Muralla de Lugo, unha aula turístico-medioambiental móbil e pioneira en España que a Deputación de Lugo puxo en marcha para homenaxear a Muralla lucense polas principais cidades españolas. E coma non podería ser doutro xeito, Lugo10 non podía esquecer unha cita histórica, a celebración da final do Mundial de Sudáfrica España-Holanda, que compartiu con todos os afeccionados na Praza de Santa María.

Varias empresas quixeron sumarse a esta celebración como Coca-Cola, que fixo a súa particular homenaxe a Muralla lucense cunha botella conmemorativa, da que se fixeron 3.000 unidades. O xornal La Voz de Galicia tamén quixo formar parte de Lugo10 cunha exposición que recolleu os 10 anos de caricaturas do humorista gráfico Leando.

Dende Lugo 10 tamén se quere apoiar aos novos talentos. Así, músicos, actores ou directores de cine teñen a oportunidade de participar, ata o 30 de outubro no Concurso Nacional de curtametraxes e maquetas Lugo10 que organiza a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, e que está dotado con 9.000 euros en premios.

Lugo10 segue a estar presente nas rúas; un colorido logo de Lugo10 en flores dan a benvida a zona da Mosqueira, 34 autobuses da empresa Monbus locen a marca Lugo10 polas estradas, rueiros da cidade, 5.000 exemplares coa información sobre os restaurantes do centro histórico e os hoteis de Lugo así coma mupis nas principais rúas da cidade ou os laterais das novas máquinas da ORA.

Dende a concesión da marca Lugo10, todas as actividades realizadas dende o Concello contan coa súa presenza. Unha marca que ten vocación de continuidade e que se manterá unha vez rematado o ano 2010 i e que Lugo10 no só homenaxea o Décimo Aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial, senón que expresa a idea dun Lugo moderno, dunha cidade excelente e con xente que merece un 10.

Lugo10 aínda ten moitas sorpresas que dar. Moitas son as actividades incluídas dentro desta marca, que se desenrolarán o longo dos vindeiros meses.

Lugo10 conta coa colaboración e patrocinio de o Concello de Lugo, a Deputación de Lugo, Laboratorios Nupel, Emetel, Urbaser, Telefónica, Gestagua, Calfensa, Fundación Azkar, Asogal Construcciones, Monbus, Cociñas Lareira, Transportes Valín, Ministerio de Cultura, Ministerio de Fomento-IGN, Correos, Coca-Cola, ONCE, Fundación César Egido Serrano, Mod Producciones, El Progreso, La Caixa, Caixa Galicia, La Voz de Galicia, DO Ribeira Sacra e o Xacobeo.

www.lugo10.es

Calendario Torneo Internacional Lugo10


30 agosto
12:30-14:30 España Entreno
19 - 21 España Entreno
31 agosto
10 - 12 España Entreno
18 - 20 España Entreno
20 - 22 Bielorrusia Entreno
1 septiembre
10 -12 España Entreno
12 - 13:30 Bielorrusia Entreno
18 - 19:30 Bielorrusia Entreno
19:30 - 20:30 España Entreno
20:30 - 21:30 Grecia Entreno
2 septiembre
10 - 11 Francia Entreno
11 - 12 Bielorrusia Entreno
12 - 13 España Entreno
13 - 14 Grecia Entreno
18:00 horas Francia - Bielorrusia Partido
BIELO
20:00 horas España - Grecia Partido
GRECIA
3 septiembre
10 - 11 Grecia Entreno
11 - 12 Francia Entreno
12 - 13 España Entreno
13 - 14 Bielorrusia Entreno
18:00 Francia - Grecia Partido
GRECIA
20:00 España - Bielorrusia Partido
BIELO
4 septiembre
11:00 Bielorrusia - Grecia Partido
GRECIA
13:00 España - Francia Partido
FRANCIA
5 septiembre
10 - 11:30 Francia Entreno
11:30 - 13:00 Bielorrusia Entreno
18:30 - 20:00 Bielorrusia Entreno



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova