Imprimir

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS XERAIS REÚNESE CON PEDÁNEOS E REPRESENTANTES VECIÑAIS PARA TRATAR SOBRE DIFUSIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NO RURAL


7/9/2010

A Concellería de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, reúnese esta tarde cos pedáneos e coas asociacións veciñais das parroquias, onde se sitúan os telecentros rurais, no Concello para tratar diversos asuntos do Proyecto PARNET-TIC.

Esta reunión será para tratar as actividades de difusión e formación sobre Novas Tecnoloxías, que se desenvolverán nas parroquias da zona rural do noso concello dentro do Proxecto europeo PARNET-TIC, que está a levar a cabo o Concello de Lugo.

O Concello precisa deseñar a programación destas actividades, establecendo o calendario e os horarios nos que se van a desenvolver, para o que queremos contar coas suxerencias dos pedáneos e das asociacións veciñais.

Ademais os vindeiros días 9 e 10 de setembro, realizarase na Cámara Municipal de Águeda (Portugal) o Cuarto Comité de Pilotaxe do Proxecto PARNET-TIC, coa a presenza de tódolos socios deste proxecto: Concello de Lugo, Deputación de Almería, Deputación de Huesca, da Universidade de Montpellier e da Deputación de A Coruña.

Dentro deste Comité terá lugar o Seminario “Como chegar aos medios rurais cos servizos dixitais”, que contará coa intervención da Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, en representación do Concello de Lugo, que explicará o traballo realizado polo Concello para achegar as Novas Tecnoloxías a toda a cidadanía.