Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Comunicado do Fondo Galego con motivo do Día d@ Cooperante


# Mércores, 08/09/2010


Imaxe Asociada

Os 96 Concellos e 4 Deputacións de Galicia que facemos parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade manifestamos o noso compromiso inequívoco coa cooperación para o desenvolvemento, como unha ferramenta útil para paliar as desigualdades internacionais e promover un mundo no que todos os individuos vivamos nunha situación de equidade, con iguais posibilidades para facermos unha vida digna. Consideramos insoportable vivir nun mundo no que, habendo suficiente para todarrobas, morra unha nena ou un neno cada 6 segundos por causas relacionadas coa fame, ou no que 1.400 millóns de persoas teñan que vivir con menos de 1€ ao día.

O planeta vive momentos difíciles, cunha crise económica global e intensa, pero isto non nos debe levar a baixar a garda no noso esforzo cooperante. A crise afecta de peor modo aos países máis pobres e o esforzo solidario que estamos facer hoxe en día en Galicia aínda está moi lonxe de ser o desexable.

Na cooperación para o desenvolvemento corresponde un labor de importancia capital ás persoas cooperantes dos países do Norte, que combaten en primeira liña as inxustizas, ao lado de persoas e entidades que no Sur loitan por mudar o estado de cousas para, as máis das veces, simplemente poder sobrevivir. As e os cooperantes do Norte achegan traballo e coñecementos ao Sur e, de volta no países ricos, co relato dos seus testemuños, contribúen a que teñamos un coñecemento máis preciso e próximo da realidade dos países empobrecidos. O seu labor ten, así, unha dimensión sensibilizadora fundamental.

Desde o Fondo Galego foi lanzado en 2006 o programa Vacacións con Traballo, a través do que funcionariado e persoal laboral das entidades locais socias viaxan ao Sur durante un mes para colaborar coas entidades locais e ONGDs parceiras do Fondo Galego nos países empobrecidos. Non gañan diñeiro por esas colaboracións e pasan o seu período vacacional axudando a outrarrobas. Trátase dun exercicio de xenerosidade e humanismo encomiables e admirables que deberan encher de orgullo a Galicia, que representan.

Desde 2006 viaxaron 14 técnicarrobas locais e este ano farano outrarrobas 5. Arquitectarrobas, técnicarrobas de servizos sociais, especialistas en cuestións de xénero, axentes de emprego… achegaron e achegarán o seu saber especializado a Cabo Verde, Cuba, Nicaragua e Perú. Pero a súa misión non acaba no Sur. Á volta son aliadarrobas insubornables da loita contra a pobreza no planeta, contribuíndo de modo impagable a que as nosas entidades locais sexan máis conscientes do drama da desigualdade e da utilidade da cooperación para o desenvolvemento. Desde a experiencia, o Fondo Galego pode aseverar que estas e estes cooperantes voluntarios das nosas entidades locais fixeron dos nosos Concellos e Deputacións unhas institucións máis conscientes, solidarias e humanas.

Ás mulleres e homes de Vacacións con Traballo e a todas e todos os cooperantes de Galicia en xeral desexamos, neste día, transmitir un grande grazas. Vós facedes o mundo máis habitable e Galicia un pouco máis grande. Grazas.

En Santiago de Compostela, a 7 de setembro de 2010




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova