Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Cultura anuncia a actuación de Joaquín Sabina nas festas de San Froilán


# Mércores, 08/09/2010
O concerto terá lugar o día 11 no Pazo Universitario

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concellería de Cultura, Nuria Mundiña, confirmou hoxe a actuación de Joaquín Sabina nas festas de San Froilán.

O concerto de Joaquín Sabina terá lugar o día 11 de outubro no Pazo Universitario. Nuria Mundiña explicou que se poñerán á venda 6.000 entradas a través de Caixanova. As mil primeiras entradas venderanse a 25 euros e o resto a un prezo único de 30 euros.

A Concelleira de Cultura detallou ademais o resto dos concertos que xa están pechados entre os que destacan as actuacións de Josele Santiago, Concha Buika, Los Gofiones, Juan Perro, Placebo, Ilegales, Mastretta e Fórmula V, ademais de numerosos grupos lucenses xa que, segundo explicou Nuria Mundiña, “este ano hai unha aposta especial polos grupos lucenses”.

O programa está practicamente pechado aínda que está pendente a contratación dalgúns grupos lucenses que actuarán como teloneiros.

Nuria Mundiña salientou tamén que “este ano queremos facer un acto oficial de apertura das casetas do polbo que está previsto para o día 1 pola mañá” e indicou que o prezo da ración será de 7 euros.

En canto a apertura das portas da Muralla dixo que “temos o proxecto de que cada unha sexa aberta por algún estudoso relacionado co Camiño de Santiago”.

Mundiña indicou tamén que “o programa das festas estará na imprenta a semana que vén”.

Concertos programados

Sábado 2: 

Kike Ganso 
Kimuru 
Josele Santiago

Domingo 3: 

Batital 
Kibitka

Luns 4:

Orquesta Platería
Orquesta Poceiro

Martes 5:

Concha Buika
Orquesta Tango

Mércores 6:

Certamen de Bandas
O baile de Ardebullo

Xoves 7:

Pignoise (20:30)
Los Gofiones

Venres 8:

Juan Perro
Placebo
Orquesta America y O. Suavecito

Sábado 9:

Folclore tradicional
Ilegales
O. Los Players y O. Ledicia Espectáculo.

Domingo 10:

Mastretta 
Fórmula V
O. Compostela

Luns 11:

Brath
Joaquín Sabina
O. Gran Canaria y O. d´moda

Martes 12:

Feria Medieval
Nova Galega de Danza
O. los Satélites

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova