Hoxe, 7 de setembro, celebramos o Día do Cooperante, data aprobada polo goberno de España no 2006, para recoñecer o traballo das e dos cooperantes españois na loita contra a pobreza.
Esta data foi elixida para conmemorar a aprobación da Declaración do Milenio o 8 de setembro de 2000. Dez anos despois, se ben é certo que se lograron avances considerables, aínda estamos moi lonxe das metas fixadas para o 2015.
Debemos recordar os obxectivos:
1 - Erradicar a pobreza e a fame
2 - Lograr a ensinanza primaria universal
3 - Promover a igualdade de xénero
4 - Reducir a mortalidade infantil
5 - Mellorar a saúde materna
6 - Combater o VIH/SIDA
7 - Asegurar un medio ambiente sostible
8 - Crear unha alianza global para o desarrollo.
No medio de esta crise económica o mundo enfróntase a unha serie de desafíos, á crise alimentaria, á crise enerxética, ó cambio climático, ás emerxencias sanitarias, ós desastres naturais que aumentan, cada vez máis, o número de persoas desprazadas que quedan sen fogar e expostas a enfermidades.
A crise económica mundial, segue tendo un maior impacto nas persoas máis desfavorecidas do planeta, é por elo que a loita contra a pobreza e a desigualdade no mundo segue sendo un dos retos ós que se enfronta a nosa sociedade, e esto non é só un compromiso ético senón unha das condicións básicas para logra un mundo máis xusto e en paz.
O compromiso de miles de persoas coa cooperación ó desenvolvemento é a loita contra a pobreza, é un exemplo para toda a sociedade, e para todas as institucións, e como tal debe ser recoñecido e valorado.
O recoñecemento do imprescindible papel desempeñado polas persoas cooperantes, posto de manifesto unha vez máis, na catástrofe vivida en Haití, é un deber para toda a sociedade a cuxa visibilidade temos que contribuír desde todas as institucións democráticas.
Hoxe é unha ocasión excelente para que desde o Concello de Lugo manifestemos o compromiso ético dos Gobernos Locais, coa solidariedade e demos o noso apoio labor dos e das cooperantes e sinalemos a implicación da axuda local co cumprimento dos obxectivos do milenio, por elo asumimos o traballo levado a cabo polas persoas cooperantes.
Carmen Basadre, Concelleira de Benestar Social e Igualdade