Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Esta fin de semana remata o programa de Visitas Teatralizadas "Lugo Cidade 10"


# Xoves, 09/09/2010
O espectáculo despídese despois de 66 representacións

Imaxe Asociada
Esta fin de semana remata o programa de Visitas Teatralizadas, organizado pola Concellería de Turismo e Deportes, e que este ano leva por título “Lugo Cidade 10”.

O venres, día 10 de setembro, terán lugar dúas sesións pola tarde ás 18:00 e ás 20:00 horas. O sábado 11, a primeira cita é ás 13:00 horas e continúan pola tarde no horario de 18 e 20 horas. O domingo 12 celebrarase a derradeira sesión ás 13:00 horas. O lugar de partida da representación é a Praza do Campo quince minutos antes da hora de inicio.

As entradas pódense adquirir ao prezo de 4 euros adulto e 2 euros infantil nos hoteis da cidade e no Centro de Interpretación da Muralla. O horario de apertura deste último é de 10:30 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:00 horas todos os días.

As visitas teñen unha hora de duración e percorren diversas rúas do casco antigo da cidade que se converten no escenario monumental deste espectáculo que propón unha ollada especial para descobrer personaxes, palabras, músicas e rincóns segredos de Lugo. En total suman 66 representacións desenvoltas dende o pasado 2 de xullo.

No espectáculo participan seis actores que, acompañados por dous músicos, guían aos visitantes ao longo deste percorrido tan particular que presta especial atención á Muralla neste décimo aniversario de conmemoración da declaración de Patrimonio da Humanidade do monumento romano.

As Visitas Teatralizadas permiten descubrir a cidade dun xeito único, xa que é un espectáculo que combina a información coas emocións e sorprende tanto a lucenses como a visitantes.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova