Imprimir

LUGO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA UNHA PROBA DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE VIDEOXOGOS DEPORTIVOS


9/9/2010

A Concellería de Xuventude, Rosana Rielo, e o presidente da asociación ASUPIVA presentaron hoxe no Concello a proba do Campionato de España de videoxogos deportivos que se vai celebrar esta fin de semana na cidade.

A proba desenvolverase os días 10, 11 e 12 no Pavillón do instituto politécnico, segundo informou a Concelleira quen tamén destacou que a competición ten unha parte social e educativa.

Rielo explicou que “todos os rapaces que se inscriban pagarán unha cota de 3 euros e terán que levar algún material electrónico para reciclar, os beneficios adicaranse ó Hospital, para os nenos que estean ingresados”.

Tamén indicou que o Campionato consta de 11 probas que se celebran noutras tantas provincias e a final terá lugar en Madrid.

O premio consistirá nunha viaxe a Eurodisney.