Imprimir

A CONCELLEIRA DE SERVIZOS XERAIS PARTICIPA NUNHA REUNIÓN SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS EN PORTUGAL


9/9/2010

A Concellería de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, explicou as actuacións que leva a cabo o Concello de Lugo para achegar as novas tecnoloxías a toda a cidadanía nun encontro que ten lugar hoxe e mañá na Cámara Municipal de Águeda (Portugal).

Luisa Zarzuela explicou as iniciativas que desenvolve a súa Concellería, especialmente nas parroquias do rural, esta mañá, na reunión que celebra na cidade portuguesa o Cuarto Comité de Pilotaxe do Proxecto PARNET-TIC, un proxecto que ten o obxectivo de diminuír a fenda dixital entre os veciños de zonas urbanas e rurais.

Na reunión tamén participou o Presidente da Deputación provincial, José Ramón Gómez Besteiro, ademais dos socios deste proxecto: Concello de Lugo, Deputación de Almería, Deputación de Huesca, da Universidade de Montpellier e da Deputación de A Coruña.

Dentro deste Comité ten lugar o Seminario “Como chegar aos medios rurais cos servizos dixitais”, que contou coa intervención da Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, en representación do Concello de Lugo.