Imprimir

LUGO10 ACHEGA ATA A CAPELA DE SANTA MARÍA EN EXCLUSIVA O VESTIARIO DA PELÍCULA ÁGORA, GAÑADORA DE SETE PREMIOS GOYA


14/9/2010 Única cidade de España na que se poderá contemplar esta exposición, traída do Museo do Traxe de Madrid, e que foi cedida gratuitamente pola produtora do filme grazas ás xestións do Concello

A mostra, formada por 19 traxes orixinais, permanecerá en Lugo dende o 16 de setembro ata o 31 de outubro.

A exposición será inaugurada o xoves, a partir das 20:30 horas, e a entrada será de balde


“No Exipto do século IV, dominado polo Imperio Romano, as violentas revoltas relixiosas nas rúas de Alexandría alcanzan a súa lexendaria Biblioteca. Atrapada tralos seus muros, a brillante astrónoma Hipatia loita por salvar a sabedoría do Mundo Antigo coa axuda dos seus discípulos...”. Este é o punto de partida da obra de Amenábar e da exposición Ágora. O esplendor de Alexandría, que mostra un percorrido polo vestiario da celebre deseñadora italiana Gabriella Pescucci, e que permanecerá na Capela de Santa María dende o 16 de setembro ata o 31 de outubro.

A xestión realizada polo Concello e a Deputación, a través do Centro de Artesanía e Deseño, permitiu traer a Lugo esta mostra, que se inclúe dentro da programación de Lugo10 e coa que ambas as dúas institucións conmemoran os 10 anos da Muralla como Patrimonio da Humanidade; un título que concedeu a UNESCO marcando a historia da provincia.

Deste xeito, esta será a única cidade de España na que se poderá contemplar esta exposición, que ven directamente do Museo do Traxe de Madrid, e que foi cedida gratuitamente pola produtora da película, MOD Producciones. Recolle unha selecta mostra dos deseños creados pola gañadora dun Óscar, Gabriella Pescucci, e será inaugurada este xoves, a partir das 20:30 horas.

Para a produción de Alejandro Amenábar, “Ágora”. En total, dezanove pezas orixinais que recrean a convulsa sociedade dunha Alexandría ocupada polo Imperio Romano. O traballo de Pescucci para a produción de Amenábar acadou este ano o premio Goya ó Mellor Vestiario.

A exposición estrutúrase en dúas seccións. A primeira, adicada ós deseños da protagonista, Hipatia, interpretada por Rachel Weisz; e a segunda, ás diferentes culturas e relixións que convivían na cidade de Alexandría, de tal xeito que se poderán ver vestimentas parabolazas, paganas e cristianas.


GABRIELLA PESCUCCI
Gabriella Pescucci, directora de vestiario de grandes títulos, foi gañadora dun Óscar pola película “La edad de la inocencia”, de Martin Scorsese e traballou xunto a Federico Fellini en “Ensayo de la orquesta” e “La ciudad de las mujeres”. Así mesmo, é responsable do vestiario de títulos tan significativos como “Charlie y la fábrica de chocolate”, “Las aventuras del Barón de Munchausen”, “Érase una vez en América”, ademais de “Los Miserables”, “La leyenda nunca muere”, “Más fuerte que un destino”, “La prima Bette”, “La letra escarlata”, “Indochina”, “El nombre de la rosa”, “Érase una vez en América”. Tamén deseñou o vestiario para as óperas “Norma”, “Manon Lescaut”, “Il trovatore”, “La travista”, “La bohème” e “Pagliacci”. Co vestiario da produción de Amenábar, Ágora, acadou o Goya en 2010.

www.lugo10.es