Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Mañá póñense á venda as entradas do concerto de Joaquín Sabina


# Martes, 14/09/2010
Sabina actuará en Lugo o 11 de outubro nas Festas do San Froilán

As entradas para o concerto de Joaquín Sabina, que actuará o 11 de outubro nas Festas do San Froilán, poñeranse a venda mañá , día 15, segundo lle comunicou ó Concello a produtora do espectáculo. No mesmo comunicado indica que o prezo será de 25 euros para as primeiras mil entradas, o resto das que se adquiran en venda anticipada terán un custe de 30 euros en na taquilla venderanse a 35 euros.

Os puntos de venda serán os seguintes:
A través de ticketmaster
A web de Caixa Galicia
A FNAC
Viaxes Halcón
Carrefour.

Segundo informou a produtora do concerto, ademais teñen previsto poñerse en contacto nos próximos días con Caixanova e o Corte Inglés para que tamén vendan as entradas.

Está previsto poñer á venda un total de 6.400 entradas.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova