Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo 10 inicia hoxe o concurso "Un slogan para Lugo10"


# Martes, 14/09/2010
Poderá participarse ata o día 16 de setembro a través das redes sociais

Imaxe Asociada

Porque nos gusta Lugo, porque hai que celebrar estes dez anos do nomeamento da Muralla como Patrimonio Mundial. Porque estamos orgullarrobas da nosa terra, da nosa cultura, do noso patrimonio, da nosa gastronomía e a nosa forma de ser. Porque somos unha cidade 10. Queremos encontrar entre todos o mellor slogan para Lugo 10. Un slogan que se difundirá rapidamente entre todas e todos e que representará todo un emblema para Lugo. Valoraremos a creatividade e a orixinalidade.

Por iso organizamos un concurso con todos os nosos amigos en Facebook, Twitter e redes sociais no que hai en xogo estupendos regalos e sobre todo, o prestixio de ser o creador dun slogan que levaremos por bandeira. O único que tes que facer é ler as bases con atención e deixar un comentario coa túa proposta de slogan para Lugo 10.

BASES:

As propostas de slogan unicamente se deixarán nos comentarios desta entrada en Facebook. Só será válida unha proposta/frase por usuario rexistrado. O slogan debe incluír a expresión "Lugo 10" e non debe ser maior a 140 caracteres (un sms). A organización resérvase o dereito a eliminar aquelas propostas que sexan ofensivas ou non se acollan aos valores promovidos polo concurso.

Dende o mesmo inicio do período de propostas, os usuarios poderán valorar as propostas do resto de usuarios, incluída a súa propia, a través do enlace “gústame" situado xunto a cada unha delas. Ao finalizar o período de propostas, a organización seleccionará aquelas dez que recibiron un maior número de votos (“Gústame") por parte dos usuarios. Eses 10 finalistas recibirán como premio unha botella de Coca Cola edición especial Muralla de Lugo e unha camiseta de Lugo 10. Tras a publicación dos dez finalistas, os patrocinadores e colaboradores de Lugo 10 (Concello de Lugo, Deputación de Lugo, Gestagua, Telefónica, URBASER, Calfensa, Laboratorios Nupel, Gerente EMETEL, Cociñas Lareira, Transportes Valín e Hijos, Fundación Azkar, Asogal Construcciones, Monbus, ONCE Galicia, BEGANO, DO Ribeira Sacra, MOD Producciones), serán os encargados de seleccionar o slogan gañador do concurso que faremos público na nosa páxina de Facebook http://facebook.com/Lugo10
Poden participar todos os usuarios e usuarias asociados á páxina de Lugo 10 en Facebook e a canle de Lugo 10 en Twitter.

Calendario:

Do 14 ao 16 de setembro. Período de propostas e votacións dun slogan para Lugo 10. Durante estas datas os usuarios poderán realizar as súas propostas e votar ao mesmo tempo as que máis lles gusten.

17 de setembro: anuncio dos 10 finalistas e comezo dun novo período de votacións, unicamente por parte dos Patrocinadores, que finalizará o 19 de setembro. Xunto á publicación destes dez finalistas, tamén publicaremos o agasallo que obterá o gañador.

20 de setembro: anuncio do gañador.

A organización resérvase o dereito de ampliar ou recortar estes prazos en función do desenvolvemento do concurso. A organización tamén se reserva o dereito a utilizar este slogan en cantas comunicacións públicas faga acerca deste concurso ou calquera outra acción en torno a Lugo 10.

Moita sorte a todarrobas!


Programa Lugo 10

Lugo 10 fixo a súa presentación oficial o 11 de xaneiro cunha espectacular gala celebrada no Círculo das Artes. A partires deste intre, a marca Lugo10 estivo presente en Internet e as redes sociais a través da páxina web www.lugo10.es. Tivo a súa presenza en FITUR, e no mes de marzo organizou a I Subida Muralla de Lugo coa Escudería Miño. En abril houbo música da man dos Secretos, no Auditorio Gustavo Freire, e moda, coa celebración da Gala Muralla Moda 2010 que acadou unha gran repercusión mediática. Xuño e Xullo ofreceu aos lucenses e visitantes jazz nas rúas así como a posibilidade de coñecer a historia romana da cidade a través das Xornadas sobre Romanización. Lugo 10 ademais estivo presente durante estes meses en toda a cidade a través de moitas actividades como Breackdance nas rúas, exposicións, visitas teatralizadas o centro histórico ou a celebración da Gala de Danza Lugo 10, celebrada o 4 de xuño no Auditorio Gustavo Freire, e que acadou un gran éxito.

Máis de 800 persoas participaron nas actividades de Lugo10 Lugoteando, celebradas no río Miño, e preto de 10.000 foron as que visitaron o Barco Muralla de Lugo, unha aula turístico-medioambiental móbil e pioneira en España que a Deputación de Lugo puxo en marcha para homenaxear a Muralla lucense polas principais cidades españolas. E coma non podería ser doutro xeito, Lugo10 non podía esquecer unha cita histórica, a celebración da final do Mundial de Sudáfrica España-Holanda, que compartiu con todos os afeccionados na Praza de Santa María.

Varias empresas quixeron sumarse a esta celebración como Coca-Cola, que fixo a súa particular homenaxe a Muralla lucense cunha botella conmemorativa, da que se fixeron 3.000 unidades.

Dende Lugo 10 tamén se quere apoiar aos novos talentos. Así, músicos, actores ou directores de cine teñen a oportunidade de participar, ata o 30 de outubro no Concurso Nacional de curtametraxes e maquetas Lugo 10 que organiza a Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo, e que está dotado con 9.000 euros en premios.

Lugo10 segue a estar presente nas rúas; un colorido logo de Lugo 10 en flores dan a benvida a zona da Mosqueira, 34 autobuses da empresa Monbus locen a marca Lugo10 polas estradas, rueiros da cidade, 5.000 exemplares coa información sobre os restaurantes do centro histórico e os hoteis de Lugo así coma mupis nas principais rúas da cidade ou os laterais das novas máquinas da ORA.

Dende a concesión da marca Lugo 10, todas as actividades realizadas dende o Concello contan coa súa presenza. Unha marca que ten vocación de continuidade e que se manterá unha vez rematado o ano 2010 i e que Lugo10 no só homenaxea o Décimo Aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio Mundial, senón que expresa a idea dun Lugo moderno, dunha cidade excelente e con xente que merece un 10.

Lugo 10 aínda ten moitas sorpresas que dar. Moitas son as actividades incluídas dentro desta marca, que se desenrolarán o longo dos vindeiros meses.

www.lugo10.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova