Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde recibe un peregrino italiano que lle trouxo unha carta do rexedor da cidade italiana de Lugo di Romagna


# Martes, 14/09/2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe a Vittorio Piva, un veciño da cidade italiana de Lugo di Romagna, situada na provincia de Ravenna, que percorreu os 2.200 quilómetros que separan os dous Lugos nun pequeno vehículo tipo motocarro.

Piva entregoulle ó Alcalde unha carta do rexedor de Lugo di Romagna, Raffaele Cortesi. Na misiva o rexedor da cidade italiana transmítelle a López Orozco un saúdo no seu nome e no do Concello.

Vittorio Piva, que ten 72 anos, disponse agora a facer a pé o Camiño de Santiago entre Sarria e Compostela.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova